Iniciar sesión |
CELEBRAMOS O ENTROIDO 2012
Hoxe, 17 de febreiro de 2012, celebramos na escola a tradicional Festa de Entroido e, coma sempre, as cores e a diversión foron os verdadeiros protagonistas dunha xornada diferente. Ás 11:30 horas da mañá, o alumnado baixaba das súas aulas para dirixirse ao patio e así descubrir os disfraces do resto dos seus compañeiros e compañeiras... ah!!! e, por suposto, dos mestres e mestras. Para comezar, un desfile por aulas. Ao ritmo da música as diferentes aulas subían á pasarela xunto co seu mestre e saudaban os alí presentes, sorrían para a foto e todos lles aplaudían. Aquí vos deixamos cunha mostra do que podiamos atopar; como ben sabedes, o proxecto anual deste ano leva por título "Suban a bordo, lean e naveguen" por iso, cada unha das aulas do cole facía referencia ao tema co seu disfrace: piratas, mariñeiros, indios, pasaxeiros, vikingos,... inundaron esta xornada... mirade que guapos e guapas!!! 3 ANOS A: Piratas
3 ANOS B: Piratas
4 ANOS: Piratas
5 ANOS: Piratas
1º PRIMARIA: Indios e Colonos
2º PRIMARIA: Mariñeiros
3º PRIMARIA A: Pescadores
3º PRIMARIA B: Piratas
4º PRIMARIA: Vikingos
5º PRIMARIA: Pasaxeiros do barco
6º PRIMARIA: Pasaxeiros do barco
Unha vez rematados os desfiles, puidemos disfrutar dunha saborosa merendola de doces tradicionais do Entroido (dende aquí, damos as grazas ás familias pola súa colaboración coa festa, aportando orellas, filloas, bicas, ...) Despois da merenda, un ratiño de lecer no patio para, a continuación, dar lectura ao característico Xuízo do Meco. Como non podía ser doutra forma, o Iceberg que afundíu o Titanic foi o protagonista. TESTAMENTO DO MECO Eu, que son un iceberg, na fogueira me derritirei. Tendo en conta o pouco tempo que queda, deixo testemuña para quen ler queira. Os nenos e nenas de 6º fixeron un almanaque, nel fan o compromiso despois de ter debate, de que o mar é moi importante. Como iceberg que son do voso mar estre Cíes e Canido, derrítome por vós, nenos e nenas do Ría de Vigo.
Tanto barco que puxestes no voso mar, piratas, vikingos, cargueiros,... submariños e ata o barco de remolcar.
O Titanic en canto bateu comigo, traspasou o tempo e o espazo para afundirse na Ría de Vigo.
Con eles fixestes actividades, puxésteslle estrelas en navidades.
Polo día da Paz, o mundo no medio do voso mar.
E agora que é Entroido, co lume éntrame o agobio.
Despois de andar pola escola paréime en cada porta, cada clase tiña un barco e a súa foto dentro dun marco.
Deixóume abraiado a BiblioRía, con tanto libro de barcos en cada estantería.
Libros alucinantes, con piratas e pobos errantes, de vikingos e xentes elegantes.
Conversas recollidas da xente da nosa Ría, coas encargadas da BiblioRía non hai tristura, hai alegría.
Son simpáticas e valentes, non teñen medo e se lle caen os dentes.
Déixovos, en definitiva, unha morea de experiencias... de mares, de barcos, de viaxes acompañadas de moi boas ocorrencias.
Agora que se empezan a notar as consecuencias do cambio climático con tanta falta de choiva e frío... xa me entra pánico.
O mesmo pasou o día que contra o Titanic batín, eu podía estar fóra de sitio pero o barco tamén ía a todo filispín.
Noto que perdo forza..., cada vez estou máis apoucado, váiseme a vida... non estou sólido... xa paso de líquido. ESTOU ESMIRRIADO.
Recibide unha aperta como quen acariña un libro, coa suavidade da miña branca inmensidade e recendo ao ar do mar.
XUÍZO DO MECO Unha vez escoitado o testamento con moita atención, nós, o alumnado e profesorado do colexio, chegamos á seguinte conclusión:
Sorprendéunos de bo grao que faga unha alusión ao noso calendario, debe ser porque lle gusta saber o que facemos na escola a diario.
Postos a pensar con detemento chegamos á conclusión que contra el, non podemos probar ninguna acusación.
Temos que recoñecer a temeridade do capitán do barco, sabía da súa presenza e ía navegando como si estivera nun charco.
Do seu desprendemento en algo seremos culpables, inda que o do cambio climático é máis moderno por ser os humanos moi pouco responsables.
Queremos seguir disfrutando da súa existencia, testemuña do equilibrio ambiental, razón que nos leva a que, sen ningunha dúbida, declaremos a súa absolución total.
LONGA VIDA AOS ICEBERGS, O NOSO MECO!!! VIVA O ENTROIDO!!! . . . . . DÚAS COMUNIDADES, UNHA REALIDADE: XUNTOS POLA PAZ!!! CEIP. RÍA DE VIGO - CEIP. CASTELAO (NAVIA)
O pasado venres, 3 de febreiro de 2012, celebramos na nosa escola o Día da Paz; pero non estivemos nós soamente, acompañáronnos os nenos, nenas, mestres e mestras do CEIP. Castelao de Navia para compartir esta xornada as dúas Comunidades unidas nunha soa realidade: XUNTOS POLA PAZ!!! A mañá se presentaba moi fría... ás 10:45 todo o alumnado do colexio baixou cara o patio á espera dos nenos e mestres do CEIP. Castelao. Cando chegaron, formamos no patio da escola uns enormes círculos collidos das mans e bailamos todos xuntos a canción "O xogo da carrasquiña", que poderedes atopar no CD "Na punta do pé"
Dous nenos do Ceip. Ría de Vigo foron os encargados da lectura de benvida mentres o resto esperabamos nos círculos para bailar.
Cando rematamos a canción, comezamos coa distribución dos grupos de xogos: pintacaras, pasar o río, o paracaidas, apertas musicais, obradoiro de contos, os sacos,... Pasámolo moi ben e compartimos risas e xogos con nenos e nenas doutra escola...
Ao rematar os xogos, disfrutamos dunha merendola: bocata de pan con chocolate, zume de froitas e rosca.
Os nenos e nenas do Ceip. Castelao foron os encargados de ler o manifesto pola Paz e, todos xuntos, bailamos a canción "Amiguiños todos"; por outro lado, o neno de maior e menor idade de cada colexio dirixiuse as escaleiras do patio para proceder á solta da pomba da Paz...
Para ver a totalidade das imaxes, poderedes acceder ao Álbum Picasa da ANPA do cole. Aquí vos deixamos a ligazón:
Grazas polas vosas visitas
Cando visites os nosos blogues, non te esquezas de deixar os teus comentarios. (Para visitar os blogues, preme en cada un dos seus enderezos)
http://www.biblioria.blogspot.com/
http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com/
http://musica-no-ria.blogspot.com/
|
ESTAMOS EN...
|