Iniciar sesión |
Samaín 2011/2012
Este curso 2011/2012, celebramos o Samaín con dous actos moi "tenebrosos". Por un lado, a representación da Santa Compaña polo alumnado de Educación Primaria...
... e, por outro, a elaboración dunha "pócima de meigas" nas aulas de educación infantil.
Para coñecer máis a fondo a celebración do Samaín nas aulas de educación infantil, podes visitar o seu blogue (preme no enderezo do mesmo para acceder)... http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com/ ... e visitar a seguinte entrada (preme no título da mesma para acceder) FACEMOS ARAÑAS CON GALLETAS OREO E REGALICES Durante estes días, o medo é un sentimento que traballamos con gran interese, sobre todo nas aulas dos máis pequenos. Na BiblioRía do colexio, contamos con varios contos que nos poden axudar a traballar esta emoción. Estes libros son os seguintes: A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE. ELIA BURFOOT. Baía Edicions.
MONSTRUOS DIVERTIDOS. VV.AA. EDICIONES S.M. 2000
GATO GUILLE Y LOS MONSTRUOS. ROCÍO MARTÍNEZ. KALANDRAKA
Podes atopar máis información sobre estes libros no blogue da BiblioRía (preme no enderezo de debaixo para acceder) http://www.biblioria.blogspot.com/ e na seguinte entrada (preme no título da entrada para acceder) PARA SABER MÁIS... O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconvertíu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unhas década esquecida pero, nos últimos anos, se está a recuperar grazas ao traballo realizado nas escolas e varios concellos de Galicia. A noite do 31 de Outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Esta noite, as ánimas dos mortos atravesan as portas que separan o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento. Se queres coñecer máis información sobre o Samaín, podes premer na ligazón que te amosamos e accederás á publicación "Vieiros da Escola". (http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html)
Se visitades a entrada do Samaín do curso pasado, lembraredes a realización dunha actividade LIM colaborativa con outros mestres e mestras; a nosa mestra Paula "colaborou coa causa" con este Lim... ...e aquí vos deixamos o resultado por se queredes voltar a xogar.
Para poder xogar con outras actividades LIM relacionadas co tema do Samaín, podes visitar o blogue http://actividadeslim.blogspot.com/ e alí atoparás actividades como (preme enriba do título de cada unha para poder acceder á páxina):
- Marcelina e a noite do Samaín
Por outro lado e grazas ao traballos de moitos mestres e mestras nas diferentes escolas e colexios de Galicia, podemos contar cunha gran recompilación de recursos relativos ao Samaín e que aquí vos deixamos. GRAZAS a todos os mestres e mestras que adican o seu tempo a facilitar a tarefa dos demais. Preme nas diferentes ligazóns dos sitios e accederás ao seu contido. (poderedes atopar unidades didácticas, xogos, recompilación de materiais,...)
(unidade didáctica con actividades)
BIBLIOTECA CEIP. MESTRES GOLDAR (recompilación de diferentes recursos para traballar o Samaín)
(Recursos para o Samaín) |
ESTAMOS EN...
|