Secretaría

ADMISIÓN ALUMNADO

TÓDOLOS ALUMNOS/AS QUE SOLICITARON PRAZA PARA O

CURSO 2023-2024 EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL ESTÁN

ADMITIDOS

Xa está aberto dende este sábado ata o vindeiro 24 de xaneiro o prazo para solicitar as axudas de libros do Concello de Vigo. Como xa dixemos, nesta convocatoria as familias que xa obtiveron a axuda o curso pasado só deberán firmar unha declaración responsable asegurando que se cumpren os requisitos necesarios. A axuda pode tramitarse online

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=4778&lang=es

ou presencialmente no rexistro xeral do Concello (solicitando cita previa). Se precisades o certificado de matrícula, podedes solicitalo presencialmente no centro, por correo electrónico ou descargalo na aplicación de Abalar, na pestana de descarga de documentos

 

 

 

Recordade descargar a aplicación ABALAR MÓBIL para poder recibir avisos e notificacións do centro.

 

As familias que teñan un novo alumno/a no colexio é importante que desinstaledes a aplicación e a reinstaledes para que se carguen os datos do novo alumno/a no mesmo.

 

 

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS

Alumnado admitido por curso:

- 4ºE. Infantil: todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 1º E. Primaria:  o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 2º E. Primaria: o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 3º E. Primaria: o alumnado que presentou solicitude está admitido.

 

 

 O prazo de formalización da matrícula será, se non hai cambios, do 20 ao 30 de xuño indicaremos nesta páxina web a documentación que tedes que PRESENTAR NO CENTRO, nesas datas.

 

 

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. PREFERIBLEMENTE POR VÍA ELECTRÓNICA.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 As familias que desexen xustificante da entrega deste documento, deben presentar copia da primeira folla.

 

Anexo I  e anexo II  para a entrega manual en secretaría preme para descargar os documentos.

ORDE 10 DE MAIO DO 2023 PREME PARA LER A ORDE. 

A presente orde integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino: participación no fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria; axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial; e axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

 

 

RESUMO AXUDAS E FONDO LIBROS 3º, 4º, 5º E 6º  ou ESO E ALUMNADO NEAE           (O NOSO CENTRO CONTA CON EDIXGAL POLO QUE NON HAI FONDO LIBROS EN 5ºP E 6ºP)

 

                                                     

 

Distribuir contido