Skip to Content

Novas da xunta

Distribuir contido
Actualizado: hace 14 anos 25 semanas

Economía e Industria financia un plan piloto para fomentar o uso da enerxía fotovoltaica nas cubertas dos parques empresariais de Pontevedra

Lun, 26/10/2009 - 12:04
 A Consellería de Economía e Industria, a Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra (CEP) e a Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape) acordan a realización dun plan piloto para fomentar a enerxía fotovoltaica nas cubertas das naves dos parques empresariais da provincia financiado pola Xunta con 191.000 euros

Feijóo destaca o Plan de Infraestruturas Xudiciais como a planificación “máis ambiciosa” da Autonomía galega no eido da xustiza, cun investimento de 97 millóns de euros

Lun, 26/10/2009 - 11:21
O mandatario galego presidiu a presentación dun libro conmemorativo do 250 aniversario do Colexio Provincial de Avogados da Coruña

“Mar Achega” chega mañá a Vigo

Lun, 26/10/2009 - 11:10
Trátase dunha iniciativa da Consellería do Mar para difundir o sistema extractivo dos produtos mariños e potenciar o seu consumo

Traballo e Benestar garante que os beneficiarios cobrarán os 200 euros do complemento para pensións non contributivas correspondentes a 2009

Lun, 26/10/2009 - 09:37
O departamento autonómico está preparando xa o decreto polo que se fará efectiva esta prestación –de 0,5 euros ao día e 16 ao mes-, da que disporán os beneficiarios, como máis tardar, no próximo mes de xaneiro

A Consellería de Medio Ambiente licita hoxe o Plan de Saneamento do Burgo e anuncia a posta en marcha dun plan para rexenerar os cauces que verten na ría

Lun, 26/10/2009 - 08:55
Agustín Hernández destaca que o esforzo investidor da Xunta crece un 13% na provincia e un 12% na área metropolitana

Os orzamentos da Consellería de Economía e Industria reflicten unha suba dun 2,13% para artellar as políticas de apoio aos emprendedores, a internacionalización e a innovación

Lun, 26/10/2009 - 08:48
Javier Guerra sinala que as contas para 2010 están enfocadas a loitar contra a contracción da economía e a prol da mellora dos niveis de emprego para sentar as bases dunha economía máis produtiva e autosostible que nos conduza á recuperación económica

Benestar aumenta en 6,6 millóns o investimento para a axuda no fogar de dependentes, o que supón un incremento do 48,5%

Lun, 26/10/2009 - 08:33
A secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, presentou hoxe en rolda de prensa o Plan Concertado, que conta cunha dotación total de 49,1 millóns, un 8,4 por cento máis que no exercicio anterior

A música galega desembarca no Womex de Copenhague do 28 de outubro ao 1 de novembro

Lun, 26/10/2009 - 08:31
Dez empresas discográficas e dúas asociacións profesionais estarán presentes co apoio da AGADIC na máis importante cita internacional de world music

Medio Ambiente licita as obras de abastecemento en Ames e Brión por un importe de máis de 8 millóns de euros

Lun, 26/10/2009 - 06:05
A Xunta aportará un 80%, significando un achegamento de máis de 6,5 millóns de euros, cumprindo así o programa de colaboración técnico financeira cos concellos

A actividade educativa medioambiental ‘Auga e residuos’ aclara dúbidas sobre os residuos e a reciclaxe aos veciños de Outerio de Rei

Lun, 26/10/2009 - 05:31
Dende onte e ata o 30 de outubro, un equipo de monitores medio ambientais visitará os Ecopuntos instalados nas distintas parroquias de Outeiro de Rei

Rueda destaca que a Xunta traballará para solucionar os problemas das comunidades galegas no exterior co mesmo empeno que poñen os emigrantes galegos

Dom, 25/10/2009 - 15:06
O conselleiro de Presidencia e o secretario xeral de Emigración visitaron hoxe á colectividade galega da localidade arxentina de Mar del Plata

Roberto Varela pregoa en Teixeiro a Festa do Cogumelo que contribúe a converter Galicia “nun destino máis apetecible para os millóns de turistas e peregrinos”

Dom, 25/10/2009 - 08:40
O conselleiro de Cultura e Turismo valorou a actividade micolóxica, típica de Teixeiro, no concello de Curtis, como unha “actividade económica complementaria e importante” que fai de Galicia “un lugar mellor para vivir”.

A Consellería de Cultura e Turismo inicia a recuperación do Castro das Barreiras en Vimianzo

Dom, 25/10/2009 - 05:30
As accións que se levarán a cabo na recuperación do Castro contemplan a limpeza do xacemento arqueolóxico, a retirada da biomasa e a elaboración dunha documentación gráfica exhaustiva

Economía e Industria amplía ata 15,75 millóns de euros a dotación para o Plan re-Móvete, que xa aprobou 19.607 solicitudes

Ven, 23/10/2009 - 07:52
Acompañado por representantes do sector, o director xeral do Igape informou sobre as axudas concedidas ata a data e a súa incidencia no incremento das matriculacións

Benestar fomentará o uso das novas tecnoloxías para mellorar a información xuvenil e interactuar coa mocidade

Ven, 23/10/2009 - 07:41
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, destacou que o Goberno galego tentará ampliar os recursos que a Xunta pon a disposición da Rede Galega de Información Xuvenil

Pontevedra contará con 385 novas prazas para persoas maiores en 2010 das que 285 estarán en marcha a finais deste ano

Ven, 23/10/2009 - 07:34
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou que desde agora e ata novembro do próximo ano crearanse 90 novas prazas en residencias para dependentes, 240 en centros de día e 55 en centros de día de alzheimer

Feijóo cree que o paro vai seguir medrando porque a economía galega non tira pero salienta que a destrución do emprego en Galicia será en 2010 un 50% menor que no exercicio vixente

Ven, 23/10/2009 - 07:04
O titular da Xunta acolle con prudencia os datos da EPA coñecidos hoxe e advirte de que non se pode falar aínda de consolidación de emprego

Feijóo remarca que o director do CGAC abrirá unha nova etapa no centro marcada pola “transparencia” e por lograr unha “Galicia aberta”

Ven, 23/10/2009 - 06:46
O presidente da Xunta subliña que a andaina de Miguel von Hafe como director do CGAC “nace xa baixo o signo da transparencia, a coherencia e do rigor”, xa que por primeira a elección veu avalada por un comité de expertos

O cambio de hora na madrugada do sábado suporá un aforro enerxético do 0,4% no consumo eléctrico en Galicia

Ven, 23/10/2009 - 06:30
O Instituto Enerxético de Galicia, organismo dependente da Consellería de Economía e Industria, fai especial fincapé na necesidade de utilizar a enerxía dun xeito racional durante todo o ano


by Dr. Radut