Entroido Olímpico

 

Smilebox logo

BRIGADAS VERDES

      Hoxe día 1 de febreiro, poñemos en marcha, por fin, o proxecto "BRIGADAS VERDES". Con este plan queremos contribuír ao mantemento do medio ambiente a través da limpeza no patio escolar. Cada día, durante os recreos, un grupo de alumnos e alumnas do centro, de diferentes cursos, velarán porque os patios estean libres de lixo, vixiando que os seus compañeiros e compañeiras non tiren nada ao chan. Se observan a alguén que o fai, acercaranse e, con educación e utilizando o contrasinal "Se a Terra limpa queres ver, a papeleira has de encher", pediranlle amablemente que o recolla e utilice os recipientes que temos para iso.

    Todos os días cambiarán os grupos, e todo o alumnado formará parte das "BRIGADAS VERDES", tendo para iso, un peto identificativo que vestirán, para ser recoñecidos inmediatamente.

COÑECEMENTO DO MEDIO

Hoxe falando da forza de atracción da Terra vimos un video do seu tamaño en relación a outros planetas, estreslas... se o queredes volver a ver, pica aquí.

Contro de Matemáticas, Tema 6: Las fracciones

27/01/2012 - 11:20
27/01/2012 - 12:40
Etc/GMT+1

En este control habrá unas cuentas y todo lo que estudiamos sobre las fracciones

Control de Coñecemento do Medio: Tema 6

26/01/2012 - 09:30
Etc/GMT+1

Control de CM sobre o tema 6: A materia. Recorda que tes resumos feitos na clase

Matemáticas

Para poder hacer todo tipo de cuentas podemos clicar aquí, en esa web estamos trabajando todos los días cuentas de multiplicar de varias cifras y cuentas de dividir con un máximo de 2 números en el divisor.

DE VOLTA AO COLE

Pois Feliz ano a todos e todas. Voltamos á rutina do traballo.


Este ano 2012, ímolo a dedicar, no cole, ás Olimpiadas, aproveitando que se van celebrar en Londres. Son os XXX Xogos Olímpicos, e as datas de realización serán entre o 27 de xullo e o 12 de agosto.



FELIZ ANO NOVO

FELIZ ANO 2012


SEGUIMOS CO MERCADIÑO

        As cousiñas que non se venderon no mercadiño de Muros, estámolas vendendo no colexio, no noso MERCADO particular. Ademáis de colaborar con obras humanitarias, o noso alumnado estará mellorando a competencia matemática ao ter que manexar cartos, levar contabilidade do vendido e facer estatísticas do recadado. Durante tres días e por turnos, todo o alumnado poderá converterse en tendeiro.

VENTA NO MERCADIÑO SOLIDARIO

Representantes de todos os cursos de primaria do colexio, foron o pasado día 16 de decembro a Muros, para vender os seus obxectos no Mercadiño Solidario. Tiveron bastante traballo e venderon moito. Esperemos que fixeran boa recadación para Bolivia.


 



Distribuir contido