blogue deadmin
O LUNS TEMOS PONTE
Enviado por admin en Ven, 27/04/2012 - 09:53.
Este luns temos ponte, polo que esperamos que disfrutedes da mesma.
Voltaremos á actividade normal lectiva o vindeiro mércores, día 2 de maio.
Este día, o alumnado de 3º ciclo de Primaria asistirá á representación de dúas obras de teatro, na Casa da Cultura de Muros, dentro da VI Mostra de Teatro "Xosé Agrelo". As obras serán "Estación de autobuses" e "A casa encantada".
BRIGADAS VERDES
Enviado por admin en Mér, 01/02/2012 - 13:23.Hoxe día 1 de febreiro, poñemos en marcha, por fin, o proxecto "BRIGADAS VERDES". Con este plan queremos contribuír ao mantemento do medio ambiente a través da limpeza no patio escolar. Cada día, durante os recreos, un grupo de alumnos e alumnas do centro, de diferentes cursos, velarán porque os patios estean libres de lixo, vixiando que os seus compañeiros e compañeiras non tiren nada ao chan. Se observan a alguén que o fai, acercaranse e, con educación e utilizando o contrasinal "Se a Terra limpa queres ver, a papeleira has de encher", pediranlle amablemente que o recolla e utilice os recipientes que temos para iso.
Todos os días cambiarán os grupos, e todo o alumnado formará parte das "BRIGADAS VERDES", tendo para iso, un peto identificativo que vestirán, para ser recoñecidos inmediatamente.




DE VOLTA AO COLE
Enviado por admin en Lun, 09/01/2012 - 13:10.Pois Feliz ano a todos e todas. Voltamos á rutina do traballo.
Este ano 2012, ímolo a dedicar, no cole, ás Olimpiadas, aproveitando que se van celebrar en Londres. Son os XXX Xogos Olímpicos, e as datas de realización serán entre o 27 de xullo e o 12 de agosto.

SEGUIMOS CO MERCADIÑO
Enviado por admin en Mar, 20/12/2011 - 21:28.VENTA NO MERCADIÑO SOLIDARIO
Enviado por admin en Lun, 19/12/2011 - 23:16.Representantes de todos os cursos de primaria do colexio, foron o pasado día 16 de decembro a Muros, para vender os seus obxectos no Mercadiño Solidario. Tiveron bastante traballo e venderon moito. Esperemos que fixeran boa recadación para Bolivia.

