Iniciar sesión
SECRETARÍA
Día Internacional da Paz e a Non Violencia
admin — Lun, 29/01/2024 - 17:33
A cativada do colexio celebrou este martes, 30 de xaneiro, o Día Internacional da Paz e a Non Violencia. Para iso, levaron a cabo a elaboración de distintos carteis con lemas e debuxos co fin de expoñelos na cristaleira do comedor escolar. Desde o CEIP Rosalía de Castro, mediante estas accións, pretendemos fomentar a tolerancia, o entendemento e o respecto mutuo entre persoas de distinta procedencia e modos de pensamento, acollendo as nosas diferenzas como base elemental do noso propio enriquecemento cultural.
A nosa compañeira e coordinadora de convivencia e benestar, Susana Castro, levou a cabo unhas interesantes charlas sobre habilidades sociais ao longo da semana pasada e elaborou unha presentación interactiva que achegamos na seguinte ligazón:
Día da non Violencia e da Paz
admin — Ven, 26/01/2024 - 11:49
Infórmase da publicación da Orde de 4 de xaneiro de 2024, onde se regula o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos nos centros educativos.
Nas NOF do noso centro queda contemplada a prohibición do emprego destes instrumentos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »