Skip to Content

Promocións

1 Cole 1 Bosque

Dende o concello de Santiago, con motivo da participación do Carballo do Banquete de Conxo no concurso da árbore europea 2022, convídannos a participar nun reto que consiste en conseguir 500 votos para o Carballo de Conxo  nunha franxa de 3 horas.

O CEIP de Roxos escolleu a franxa do venres, día 18 de febreiro de 18:00 a 21:00 horas, (poderanse emitir tantos votos, como contas de correo electrónico teñamos).

Se conseguimos o reto dos 500 votos o concello plantará un bosque con 500 árbores que levará o nome do noso colexio.

Así que xa sabedes... se o conseguimos teremos a placa do CEIP de Roxos vendo crecer un bosque que formará parte das zonas verdes da nosa cidade.

Tedes   a información da forma de votar e o reto a conseguir no seguinte  ENLACE

Distribuir contido


by Dr. Radut