PROGRAMA TEI: ENTREGA DIPLOMAS E CARNÉS TITORES/AS TEI

Hoxe tivo lugar a entrega dos diplomas e carnés de titores e titoras TEI ao alumnado de 5º de educación primaria. O acto contou coa presenza do alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de educación, Rebeca Mouriño.

O programa TEI é un programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar. Está baseado na titorización emocional entre iguais, o alumnado maior (5º de educación primaria) titoriza emocionalmente aos seus compañeiros de 3º de educación primaria. O resto de alumnado do centro, dentro deste programa, realiza distintas actividades ao longo do curso encamiñadas á mellora da convivencia.

AXUDAS A ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO DE SADA CURSO 2023-2024

Está dispoñible na páxina web do Concello de Sada a información sobre a convocatoria que ten por obxecto a concesión de axudas económicas ás familias para atender aos gastos orixinados polo comezo do curso escolar do alumnado, entendendo por tales a adquisición de libros, material didáctico complementario, vestiario e outros gastos directamente relacionados. 

https://www.sada.gal/axudas-a-escolarizacion-do-concello-de-sada-curso-2023-2024

As solicitudes deberán presentarse no prazo máximo de 15 días hábiles a partir da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, esto é ata o 16 de novembro.

Subvención do Concello de Sada

O Concello de Sada subvenciona con 3.000 euros os gastos de actividades complementarias, material escolar diverso, reparacións e mantemento e gastos de funcionamento.

“Convenio de colaboración entre o Concello de Sada e o CEIP SADA E CONTORNOS, para financiar actividades complementarias, material escolar diverso, reparacións e mantemento e gastos de funcionamento, segundo subvención nominativa prevista nas Bases de execución do orzamento municipal para 2023”.

Durante o ano 2023, os gastos de actividades complementarias, material escolar diverso, reparacións e mantemento e gastos de funcionamento foron subvencionados polo Concello de Sada cunha axuda de 3.000€.

O que se informa para xeral coñecemento da Comunidade Educativa en cumprimento da cláusula QUINTA do Convenio de colaboración.

Limpeza Simultánea de praias

ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza,  organiza a XII Limpeza Simultánea de Praias que este ano vaise a celebrar o 6 e 7 de outubro. O que se pretende con esta limpeza é, ver o impacto da acción humana nos nosos areais, e intentar que o mar se leve a menor cantidade de lixo posible antes dos grandes temporais. O obxectivo destas limpezas é eliminar parte dos residuos que están nas praias, así como dar unha chamada de atención sobre esta problemática.

O alumnado de 3º e 4º de educación primaria participou no día de hoxe nesta iniciativa realizando unha actuación de limpeza na praia As Delicias en Sada na que recollemos aproximadamente 10 kg de lixo.

Clica na imaxe para ver as fotos da xornada

Día Mundial da Parálise Cerebral

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria participou no acto de celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral organizado por ASPACE  na praza de España de Sada baixo o lema #HeNacidoParaVivirLaVida.

Este ano a campaña centrarase na atención temperá, que debe ser gratuíta e universal, ofrecendo ás persoas con grandes necesidades de apoio a oportunidade de facer o seu propio proxecto de vida.

Primeiro realizamos unha actividade na que plantamos flores nunhas pequenas macetas e despois asistimos ao acto institucional que se celebrou.

INICIO CURSO 2023 2024

As clases comezarán o luns 11 de setembro.

Organización das entradas (aplicable durante todo o curso):

  • Todo o alumnado accederá ao centro ás 09:00 horas.
  • Só as familias do alumnado de educación infantil poden acceder ao centro para acompañar aos nenos e nenas nas entradas.

O alumnado de 1º e 2º de educación primaria accederá pola porta B. O alumnado de educación infantil terá os mesmos accesos do curso pasado.           

Organización das saídas (aplicable durante todo o curso):

  • 13:50: Educación Infantil. As familias poden acceder ao centro seguindo o mesmo percorrido que nas entradas.
  • 13:55:1º e 2º de Educación Primaria. As familias poden acceder ao centro pola porta B para recoller ao alumnado. As familias de 2º esperarán no corredor lateral do centro a que o alumnado de 1º sexa recollido.
  • 14:00: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O alumnado será entregado nas portas exteriores. 3º e 4º A na porta B. 4º B, 5º e 6º na porta principal.
  • Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada principal sitúense á dereita desta porta. A orde de saída será 4º B, 5º e 6º de EP.
  • Solicítase que as familias do alumnado que saía pola entrada B sitúense á esquerda desta porta. A orde de saída será 3º e 4º A de EP.
  • O alumnado sairá de clase en orde de lista.
  • Para facilitar e axilizar as saídas solícitase ás familias que unha vez recollido o neno/a non se deteñan na beirarrúa de acceso ao centro.

Servizo de comedor e madrugadores. Ese mesmo día, 11 de setembro, está previsto que empecen a funcionar estes servizos.

Recoméndase que as familias usuarias do servizo de comedor instalen a APP Colechef.

Están convocadas as seguintes reunións:

  • Mércores 6 de setembro:
    • Ás 12:00 horas coas familias do alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos). 
    • Ás 12:00 horas coas familias do alumnado de 5º de Educación Primaria.
    • Ás 13:00 horas coas familias usuarias do servizo de comedor.

Horario de secretaría: De 09:00 a 09:45 horas.

Axudas para o alumnado de necesidade específica de apoio educativo curso 2023 2024Aquí dispoñen de toda a información. 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA

Aquí está dispoñible toda a información das mesmas e o formulario de inscrición (tamén dispoñible no apartado da ANPA da web).

As actividades darán comezo na primeira semana de Outubro. O prazo de inscripción é ata o 18 de Setembro. A partir desa data, poderase inscribir só se hai prazas libres.

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023 2024: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS

Está dispoñible na páxina web do Concello de Sada a listaxe provisional do comedor escolar para o curso 2023 2024.

https://www.sada.gal/comedor-en-el-ceip-sada-y-sus-contornos-curso-2023-2024

Tamén está dispoñible a información para realizar as posibles alegacións.

O número de prazas o vindeiro curso será de 75.

A listaxe definitiva  publicarase na páxina web do Concello de Sada a comezos do mes de agosto.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2023-2024

Están dispoñibles as listaxes definitivas de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2023-2024.

Cumprindo co artigo 13 da Orde do 10 de maio de 2023,as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

 

BANCO DE LIBROS DA ANPA

Unha vez que comproben a lista de Fondolibros, cada familia poderá solicitar a ANPA os libros que necesite para os cursos de 3º e 4º de primaria a través do seguinte formulario:

FORMULARIO DE SOLICITUDE DO BANCO DE LIBROS DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS.

*Lembren que en 3º e 4º de Primaria non se utiliza libro de Lingua Galega, só o caderno de actividades que debe mercar a familia.

** As familias tamén deben adquirir o Activity Book de inglés.

Os libros entregaranse ao inicio do próximo curso.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2023-2024

Están dispoñibles as listaxes provisionais de admitidos/as e de excluídos/as do FONDOLIBROS para o curso 2023-2024.

Cumprindo co artigo 13 da Orde do 10 de maio de 2023,as listaxes provisionais e definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do recinto escolar.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

Cando se publique a resolución definitiva tamén se habilitará o acceso a un formulario para solicitar libros de texto do Banco de Libros da ANPA a aquelas familias que non reciben libros do Fondolibros da Consellería ou que non lles concederon todos os que necesitan.

Lémbrase que para acceder aos libros do banco da ANPA é necesario ser socio da mesma.

FIN DE CURSO: GRADUACIÓN ALUMNADO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

No último día do curso celebramos a homenaxe ao alumnado de 6º de educación primaria. Foi un acto que estivo cheo de recordos, de emocións contaditorias e que todos e todas gardaremos na nosa memoria con moito agarimo.

Escoita O Tarabelo nas ondas fin de curso

Clica na imaxe para ver as fotos

Vídeo homenaxe ao alumnado de 6º

Vídeo completo do acto

Distribuir contido