Saídas e celebracións

FELIZ NADAL

 

Dende a  comunidade educativa do CEIP SAGRADA FAMILIA queremos desexarlles

unhas felices festas de Nadal.  Que os vosos desexos se cumplan e academos entre todos un mundo mellor.

 

 

 

          

 

 

          


ENTROIDO 2014

    Comezamos a celebración do Entroido  cos mandados do          Meco e rematamos cun desfile e festa de disfraces do máis colorida.  MÁIS FOTOS NA GALERÍA

 

.

ENTROIDO 2013

¡Xa estamos no tempo de Entroido!

O luns comezamos cos mandados do Meco e remataremos o venres co desfile de disfraces no pavillón. O AMPA organiza unha  festa pola tarde para os nenos.  Haberá máis fotos na galería

                     

DÍA DA PAZ. 30 DE XANEIRO DO 2013

O xoves 30 de xaneiro conmemoramos todos xuntos o Día da Paz no pavillón de deportes. Na galería podes ver máis fotos

 


MAGOSTO 2012 (MAGOSTO DOCE)

O venres 9 de novembro festexamos o Magosto con xogos, baile, e como non, comendo unha morea de castañas que algúns pais e profes asaron para todos nós.

Máis fotos na galería de imaxes

         

SAMAIN NO COLE

  Festexamos o Samaín con moitas actividades: decoramos os corredores con cabazas que trouxeron os nenos da casa, contacontos na biblioteca, e como non cunha festa terrorífica para os de infantil.       Todas as fotos están na galeria

                  

FESTA DE ENTROIDO

O 17 de febreiro celebramos o entroido no colexio. O pavillón encheuse de magos, pintores, cociñeiros, Pedros Picapedras e Wilmas. Bailamos moito e pasámolo moi ben. Todas as fotos están na GALERÍA

                                     

DÍA DA PAZ CURSO 2011-2012


O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Este ano propuxemos a todas as familias que colaborasen coa recollida de  tapóns de plástico para axudar á asociación AEFAT, concretamene ás familias con fillos enfermos de ataxia- helangectaxia . Para dita asociación irán destinados os cartos recaudados a través da entrega de tapóns a unha empresa de reciclaxe. Deste xeito cooperamos coa investigación de enfermidades inusuais e pouco atractivas (económicamente) para as farmacéuticas e educamos aos nenos en valores de solidaridade e humanidade. Xa temos unha morea de tapóns GRAZAS A TODOS POLA COLABORACIÓN!  Máis fotos na GALERÍA E O VIDEO NO BLOGUE DE CHILSEMANIA

MAGOSTO MÁXICO

O día 11 de novembro celebramos un magosto moi especial, "O magosto dos uns" (11-11-11). Pasámolo fenomenal: xogamos aos xogos das castañas, bailamos e ,como non, comimos unha morea de castañas asadas.


Queremos dar as gracias ás nais e profes asadores e a Moisés pola reportaxe fotográfica tan bonita que fixo.


Pincha aquí para ver a montaxe e as fotos da galería

Distribuir contido