Localización

Situación Xeográfica

O concello de Sandiás está situado no sueste da provincia de

Ourense formando parte da comarca natural da Lmia. Ten unha

superficie de 53 Km e ocupa, en gran parte,  as terras da

desecada lagoa de Antela. Limita polo norte cos concellos de

Allariz e Xunqueira de Ambía, polo sur co de Xinzo de Limia,

polo leste con Xinzo de Limia e Sarreaus, e polo oeste con 

Vilar de Santos.

 Sandiás dentro da provincia de Ourense
 

O concello está constituído por unha zona montañosa, con

altitudes que oscilan entre os 700 e os 900 metros nos

montes de Cantariñas (893 m.), Souteiro, Nogueira, os

montes–illa de Coalloso e O Castro, e unha gran chaira que

ocupaba na súa gran parte a lagoa de Antela. Nesta

localízanse a maior parte dos pobos e das explotacións

agrícolas mais rendibles e productivas.

   

 

                                                            

 Mapa do concello

O concello atópase ben comunicado, as súas principais vías

de comunicación constitúenas a estrada nacional N-525 e a

autovía A-52, que atravesan o concello en sentido

noroeste-sueste.

 

A súa capital municipal dista da cidade de Ourense 33 Km, 6

Km da vila de Xinzo de Limia e 13 Km da vila de  Allariz.


Distancia coas principais cidades de Galicia por estrada:


-A Coruña: 177 km, O Ferrol: 190 km, Lugo: 119 km, -Ourense:

30 km, -Pontevedra: 115 km,-Santiago de Compostela: 129 km,

Vigo: 106 km.

                                                          

 

 

Distribuir contido