Skip to Content

BENVIDA

Código do centro: 15025025
Enderezo: Ronda de Outeiro 72. A Coruña. C.P. 15009
Coordenadas: 43°21'07.3"N 8°24'07.0"W | 43.352019, -8.401933
Teléfonos: Administración 881.960.989. Conserxería: 881.960.980
ACCEDA A UNHA VISITA VIRTUAL Ó CENTRO PREMENDO AQUÍ

ACTIVIDADE DE ANIMACIÓN Á LECTURA

A Biblioteca de Elmer, do CEIP San Francisco Javier, solicita a colaboración das familias para unha actividade relacionada coa animación á lectura.

A actividade consistirá en ler ou relatar ao grupo no que se escolariza o alumno ou alumna, un texto relacionado con Libros variados ou cultura, costumes ou experiencias da familia. 

Máis información no arquivo adxunto.

DÍA DE ROSALÍA

A finais do mes de Febreiro, estivemos a traballar a Rosalía de Castro co gallo do seu aniversario. Aquí temos un vídeo que ensina parte das nosas actividades. 

 

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO EN 4º DE PRIMARIA

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Pode atopar máis información no documento adxunto dirixido ás familias.

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

 

Finalizado o prazo de solicitude de admisión, infórmase do seguinte:

 

4º, 5º e 6º de Educación Infantil: Presentáronse máis solicitudes ca prazas vacantes. É preciso baremar.

1º, 5º e 6º de Educación Primaria: Presentáronse máis solicitudes ca prazas vacantes. É preciso baremar.

4º Educación Primaria: Presentáronse menos solicitudes ca prazas. Non é preciso baremar.

 

Baremación de solicitudes.

Artigo 30 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

Prazo: Conforme ao Artigo 30.2, unha vez finalizado o prazo de admisión de solicitudes, ábrese un prazo de 10 días hábiles para que as persoas interesadas podan presentar, se así o desexan, a documentación complementaria á que xa foi adxuntada coa solicitude, para xustificar os criterios de baremo alegados nela. (Artigo 31)

Horario de entrega de documentación:  De 11:00 a 12:00 horas.

Se xa se entregou coa solicitude a documentación acreditativa, non é preciso achegar nada máis.

 

Non se poden modificar as solicitudes nin alegar criterios que non figuren nelas.  

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Cando da calidade da copia deriven dúbidas, poderase requirir o cotexo co documento orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código, o centro docente, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

 

En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal e familiar na data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, agás a situación económica, que será a do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural da solicitude.

BOLSAS DE ESTUDO MEC PARA O CURSO 24/25

Estimadas familias lembrámosvos que o prazo para solicitar as bolsas de estudo MEC para o curso 24/25 permanecerá aberto ata o día 10 de maio de 2024 ás 15.00 horas.

Estudos para os que se pode solicitar a bolsa MEC:

  • Bacharelato.
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
  • Ensinos artísticos: profesionais e superiores.
  • Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.
  • Ensinos deportivos.
  • Estudos relixiosos superiores.
  • Formación Profesional de Grao Básico.
  • Ensino universitario: Graos, Máster...

 

Máis información na seguinte ligazón:

https:// www.becaseducacion.gob.es

 

ADMISIÓN ALUMNADO-ZONA INFLUENCIA

Adxúntase resolución da xefatura territorial da Coruña , da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de conformidade co disposto no artigo 2 do decreto 13/2022, do 3 de febreiro e da orde do 12 de marzo de 2013, sobre a delimitación das zonas de influencia dos centros da cidade, con efecto no procedemento de admisión do alumnado.

Según dita Resolución, a zona que corresponde ao noso centro escolar é a seguinte:

CEIP SAN FRANCISCO JAVIER (IES MONELOS).

– Rúa Ramón y Cajal dende o cruce coa Avenida do Exército ata a cruce con Pérez Ardá, continúapor Avda. Salgado Torres ata a Rúa Caballeros.

– Rúa Caballeros ata o Camiño do Corgo

– Camiño do Corgo ata o cruce con Antonio Ríos

– Dende Antonio Ríos xiro á esquerda por rúa indeterminada ata a intersección coa Avenida do

Exército

– Avenida do Exército ata o cruce con Ramón y Cajal

DÍA DA MULLER 8M

Este ano, co gallo do noso proxecto da Biblioteca, quixemos acercarnos as mulleres, especialmente as deportistas. Eiquí tedes unha pequena mostra do traballado polo noso alumnado! Clica na imaxe para visionalo.

 

ADMITIDOS NA RESERVA DE PRAZAS IES MONELOS

O IES Monelos comunicou que todo o alumnado de 6º do CEIP San Francisco Javier que solicitou reserva de praza no IES Monelos, ao que se adscribe o noso centro, foi admitido.

O listado está dispoñible para a súa consulta presencial no taboleiro do interior do CEIP San Francisco Javier. 

DÍA DE ROSALÍA 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut