Skip to Content

Proxecto Abalar

25/11/2013

Na galería de fotos da nosa páxina atoparedes unha mostra das actividades desenvolvidas nas aulas Abalar do noso centro.

Preme aquí para velas!

15/10/2013

Xa está dispoñible a normativa das aulas abalar do noso centro:

Tríptico informativo

Autorización das familias

10/10/2013

Este ano incorporaranse ao proxecto abalar os alumnos e alumnas de 5º curso. Está previsto que o equipamento correspondente chegue en decembro.

14/03/2013

Do noso blogue Abalar podedes obter moita información sobre os programas e recursos que se utilizan tanto nestas aulas, coma en moitas outras facetas da nosa vida dixital. Premede no seguinte enlace.

BLOGUE ABALAR

 

13/12/2012

No seguinte enlace pódese atopar unha ampla oferta de contidos educativos en formato dixital, baseados en distintas tecnoloxías.

RECURSOS DO REPOSITORIO ABALAR

08/06/2012

O noso centro foi seleccionado para incorporarse á rede Abalar. Isto supón que o alumnado de 5º de Educación Primaria do vindeiro curso 2012/13 contará con ordenadores individuais cos que se poderán levar a cabo os traballos dixitais que se precisen. A aula estará dotada cun encerado dixital interactivo, canón e ordenador.

Pódese consultar o listado de centros neste enlace.

Para poder acceder a este equipamento o centro tivo que presentar un proxecto segundo a RESOLUCIÓN de 5 de marzo de 2012, de la Dirección General de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por la que se convoca la selección de nuevos centros adscritos a la Red Abalar para el curso 2012/2013.

Máis información neste enlace



page | by Dr. Radut