CEIP San Martiño

 

Horario de atención, Admisión de alumnado, Axudas, Impresos, Documentos base centro

Informámoslles que segundo a ORDE do 07 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (ED330B), queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para os seguintes casos:

  • Fondo Solidario de libros de texto: alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. (O alumnado de 5º e 6º de E.P. está excluído no fondo solidario por participar no programa E-dixgal no curso 2024/2025)
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Axudas para material escolar: todo o alumnado de Educación Primaria (Dende 1º a 6º de Educación Primaria).

Para facer a solicitude cóntanse con varias posibilidades que son as seguintes:

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  • Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal).
  • Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Non vos esquezades de asinala.
  • En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando cal desexa que se tramite.

HORARIO E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO CENTRO.

O horario será de 9:30h a 10:20h de luns a xoves e de 13:35h a 14:30h os venres.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (dende o 21 de maio) e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

INFORMACIÓN IMPORTANTE.

Deberedes de achegar coa solicitude (ANEXO I) a seguinte documentación:

  • Anexo II debidamente firmado por todos os membros computables da unidade familiar. Son membros computables da unidade familiar os seguintes:
  1. As persoas proxenitoras non separadas legalmente nin divorciadas ou, de ser o caso, o titor ou titora do alumnado.
  2. Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.
  3. Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados cando teñan modificada xudicialmente a súa capacidade xurídica mediante a constitución de curatela representativa ou cando estean suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida
  4. Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.
  5. As persoas proxenitoras separadas legalmente ou divorciadas con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñen en común.
  6. A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, agás nos casos de custodia compartida.
  7. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos dos puntos anteriores.
  • Copia do libro de familia (se non tivesen habería que entregar o volante ou certificado de convivencia e/ou informe dos servizos sociais do concello onde resida a familia)
  • Para os proxenitores que estean separados, terán que presentar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

OUTRA DOCUMENTACIÓN SE FOSE NECESARIO:

  1. Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  2. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
  3. Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.
  4. Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  5. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

Se tedes algunha dúbida podedes chamar á secretaría do centro en horario de 9:35 a 10:20h (886151541).

ACLARACIÓNS. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2024/25, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2023/24. 

REQUISITO IMPRESCINDIBLE PARA A PARTICIPACIÓN.

  • É condición indispensable para participar no Fondo Solidario de libros de texto, devolver en bo estado os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2023/24. Quedan excluídos desta obriga o alumnado que cursou 1º ou 2º de primaria.
  • Para a devolución dos libros no centro informarase do procedemento a seguir.

En relación co proceso de admisión en centros públicos para o curso 2024-25, o día 25 de abril de 2024 publicouse a listaxe definitva de admitidos/as (pode consultarse nas instalación do centro educativo), resultando admitido todo o alumnado que presentou solicitude no CEIP San Martiño.

Máis información no arquivo adxunto.

 

Todo o alumnado do CEIP San Martiño que presentou solicitude de reserva de praza no IES Gonzalo Torrente Ballester para o curso escolar 2024-2025, teñen a praza asignada.

Lembrámoslles que deberán formalizar a súa matrícula no prazo establecido pola ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro entre o 23 de xuño e o 07 de xullo. Dentro deste período legalmente establecido, o IES fixará as datas correspondentes para a formalización de matrícula co obxectivo de axilizar o procedemento administrativo e optimizar a súa organización. As devanditas datas faranse públicas nos taboleiros do centro e na páxina web do IES Gonzalo Torrente Ballester: https://www.edu.xunta.gal/centros/iestorrenteballester/

 

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

 

NORMATIVA REGULADORA

Orde do 21 de outubro de 2022  (DOG do 08 de novembro de 2022).

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG do 11 de febreiro de 2022)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

 O prazo de admisión para o todos os cursos académicos abrangue desde o 1 ata o 20 de marzo ambos os dous incluídos. 

IMPRESO DE SOLICITUDE 

- O impreso (ANEXO II da Orde do 21/10/22) será facilitado gratuitamente no centro en horario de secretaría (de luns a xoves de 9:30h a 10:20h e o venres de 13:35 a 14:25) ou na conserxería do mesmo.  Pódese cumprimentar a solicitude de xeito manual e entregala no centro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. 

- Tamén é valido cubrila solicitude na aplicación da Xunta a través da seguinte ligazón https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, imprimila e entregala no centro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común co Código de Solicitude (OPCIÓN RECOMENDADA). 

- A última posibilidade é cubrir a solicitude na aplicación anterior, asinala na SEDE ELECTRÓNICA (necesítase a Chave365 ou certificado dixital) e presentala de forma telemática. Deste xeito non debedes entregar nada no centro.

 

ÁREA DE INFLUENCIA

• Avenida Manuel del Palacio ( beirarrúa sur).

• Avenida María Victoria Moreno ( beirarrúa sur).

• Avenida de Vigo ata Bibiano Fernández Osorio Tafall.

• Bibiano Fernández Osorio Tafall (beirarrúa norte).

• Pintor Virxilio Blanco ( beirarrúa oeste).

• Pintor Urbano Lugrís ( beirarrúa norte) dende Pintor Virxilio Blanco.

• Prolongación de Pintor Urbano Lugrís cruzando a rúa San Brais e atravesando a ponte sobre a circunvalación da autoestrada, deixando a un lado os lugares de A Igrexa ( Salcedo) e o Xistro, estando estes incluídos na área de influencia e deixando Matalobos ao outro lado, quedando excluído.

• Quedan incluídos neste perímetro os lugares das parroquias de Salcedo, chamados: A Almuiña, A Igrexa (Salcedo), A Ruibal (Salcedo), O Xistro, O Carballo do Pazo.

• Adicionalmente quedan excluídas a Avda. Rosalía de Castro (dende a intersección coa ponte da autoestrada AP-9) e a súa prolongación pola carreteira PO-546 cara Marín (ata límite do Concello) (beirarrúa oeste) e Pontemuíños.

 

ÁREA LIMÍTROFE

 Son áreas limítrofes deste centro as zonas de influencia do CEIP A Carballeira, CEIP de Cabanas, CEP de Campolongo, EEI Concepción Crespo Rivas, CEIP Plurilingüe Froebel. Non se consideran zonas limítrofes o Concello de Poio nin o de Vilaboa.

  

CENTROS ADSCRITOS

 O CEIP San Martiño está adscrito ao IES Gonzalo Torrente Ballester.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS 

Transporte escolar

O centro conta con tres liñas de autobuses:

A RUTA 1, que abrangue as paradas da Avenida de María Victoria Moreno e o lugar de A Ruibal.

A RUTA 2 que conta con paradas nos lugares de Carballo do Pazo, Carramal, Campo da Porta, San Blas (Lavadeiro de Carrefour), Fontesanta, Praza de Paco Leis, Rosalía de Castro (Chalets marinos e Peluquería Laura Martínez), Carretera de Marín e Pontemuíños.

 

SOLICITUDE: Para obter unha praza no servizo de autobús deberá solicitarse entre o 20 e o 30 de xuño. Para o alumnado remitido pola comisión de escolarización o prazo estenderase ata o 31 de agosto de cada ano.

Comedor

Está xestionado pola empresa ARUME e o seu horario é de 14:30h a 16:30h.

 

Plan Madruga

Está xestionado pola empresa ARUME e o seu horario é de 07:45h a 09:30h, con ou en almorzo. 

 

CRITERIO COMPLEMENTARIO DE ADMISIÓN

Se no CEIP San Martiño houbese que baremar por existir mais solicitudes de admisión que vacantes, o criterio complementario de admisión  será o seguinte:

Se a renda da familia é inferior a 0,5 veces o IPREM, a familia solicitante pasará de ter tres puntos a ter catro.

 

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE

• Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A presentación de solicitudes de admisión en varios centros dará lugar a unha infracción que penalizarase coa perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Ademais, neste suposto, non se terá en conta a solicitude presentada e realizarase a escolarización pola Comisión de Escolarización ou, no seu defecto, polo Servizo Provincial de Inspección Educativa.

• Será ineficaz aquela solicitude na que se comprobe a falsidade ou uso fraudulento da documentación achegada polo interesado ou interesada. Neste suposto, non se terá en conta a solicitude presentada e realizarase a escolarización pola Comisión de Escolarización ou, no seu defecto, polo Servizo Provincial de Inspección Educativa.

• Aqueles alumnos e alumnas que teñen garantía de permanencia no noso centro, se presentasen solicitude de admisión noutro centro distinto deberán comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe (este é o caso de todos os alumnos que xa están cursando estudos no noso centro, agás os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria).

• Aqueles alumnos e alumnas que teñen reservada praza no IES Torrente Ballester, se presentasen solicitude de admisión noutro Instituto, deberán comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

• No caso de ter que baremar nalgún dos cursos ofertados, pedirase ás familias a documentación acreditativa das circunstancias alegadas para o baremo no prazo comprendido entre o 21 de marzo e o 3 de abril.

• Publicaranse as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos o 25 de abril e as definitivas o 15 de maio.

O Prazo para formular reclamacións será de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.

• O período de matrícula dos/as nenos/as admitidos/as é do 20 ao 30 de xuño.

As solicitudes de admisión deberán estar asinadas polos dous proxenitores/as.

 

 

 

 

VACANTES PARA O CURSO ESCOLAR 2024- 2025

 

Vacantes Educación Infantil CEIP San Martiño

NIVEL

NÚMERO PRAZAS OFERTADAS

NÚMERO DE PERMANENCIAS

VACANTES ESTIMADAS

 

4º Educación Infantil

20

0

17 +3

5º Educación Infantil

25

16

4

6º Educación Infantil

25

15

1

Vacantes Educación Primaria CEIP San Martiño

NIVEL

NÚMERO PRAZAS OFERTADAS

NÚMERO DE PERMANENCIAS

VACANTES ESTIMADAS

1º Educación Primaria

25

18

2

2º Educación Primaria

25

24

0

3º Educación Primaria

25

9

10

4º Educación Primaria

25

24

0

5º Educación Primaria

25

24

0

6º Educación Primaria

25

24

0

 

 

 

PROCESO DE RESERVA DE PRAZA ALUMNADO CURSO 2024-2025 

NORMATIVA REGULADORA

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN 

Do 15 de xaneiro de 2024 ao 5 de febreiro de 2024 é a data de reserva de praza para o Instituto adscrito, que no noso centro é o IES Gonzalo Torrente Ballester.

Para facer a reserva cóntanse con varias posibilidades que son as seguintes:

 

  • Cumprimentar a solicitude de xeito manual e entregala no centro de orixe (CEIP San Martiño) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. Non vos esquezades de asinala.
  • Tamén é valido cubrila na aplicación da Xunta a través da seguinte ligazón https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, imprimila e entregala no centro educativo de orixe (CEIP San Martiño) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común co Código de Solicitude. Non vos esquezades de asinala.
  • A última posibilidade é cubrir a solicitude na aplicación anterior, asinala na SEDE ELECTRÓNICA (necesítase a Chave365 ou certificado dixital) e presentala de forma telemática. Deste xeito non debedes entregar nada no centro educativo de orixe (CEIP San Martiño).

INFORMACIÓN IMPORTANTE: O alumnado que non reserve praza no cento adscrito no prazo establecido, perderá os seus dereitos sobre a mesma. Aquel que teña intención de continuar os seus estudos noutro diferente ao IES Gonzalo Torrente Ballester, non pode facer reserva de praza. Deberán presentar a solicitude de admisión noutro centro cando se abra o prazo establecido para elo.

Se tedes algunha dúbida podedes chamar á secretaría do centro (886151541) en horario de 9:30h a 10:20h de luns a xoves e de 13:35h a 14:25h os venres. Para entregar a documentación de forma presencial, seguirase o horario anterior.

Podedes descargar a solicitude nos documentos adxuntos e/ou recollela no centro educativo e ademais tedes unha guía para realizar a solicitude de xeito telemático.

 

 

Para consultar as Programacións Didácticas de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria clicade nos documentos adxuntos.

 

Clica na imaxe ou descárgate o documento adxunto para consultar o Plan de Traballo da Coordinación de Benestar e Convivencia do CEIP San Martiño.

Despois da valoración das diferentes solicitudes recibidas para o uso do transporte escolar, publícanse as listaxes de admitidos/as e exluídos/as neste servizo. Pódese consultar o documento no ficheiro adxunto.

PRAZO PARA SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR.

ALUMNADO XA MATRICULADO NO CENTRO

Este curso vaise a baremar de novo a todo o alumnado matriculado no centro, polo que todas as familias usuarias de transporte e aquelas que queren solicitalo por primeira vez, deben presentar solicitude.

O prazo para a solicitude do servizo complementario de transporte escolar, comezará o próximo mércores 7 de xuño e rematará co fin do período de matrícula, é dicir o 30 de xuño de 2023. O horario será de luns a xoves de 09:30h a 10:20h. e os venres de 13:30h a 14:30h.

PRAZO PARA ALUMNADO NOVO NO CENTRO E PENDENDE DE MATRÍCULA

O prazo para a solicitude do servizo complementario de transporte escolar, comezará e rematará co período de matrícula, é dicir do 20 ao 30 de xuño de 2023. O horario será de luns a xoves de 09:30h a 10:20h. e os venres de 13:30h a 14:30h.

IMPORTANTE.

A solicitude é presencial neste centro educativo e, con ela, deberedes adxuntar obrigatoriamente o Anexo I (que vos facilitaremos tamén no centro educativo) e o volante de empadroamento.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.