Skip to Content

Entroido 2013

Que ben o pasamos no entroido este ano!!

O día 8 tivemos o festival, tomamos as típicas orellas e o chocolate no recreo. Que rico! Logo, todos disfrazados, fixemos un percorrido polos arredores do colexio. Canta xente!! Despois cantamos as nosas cantigas. Ata cantaron os profesores e profesoras, metidos nun cadro e disfrazados de xirasois. Pena que este ano non houbese os premios aos disfraces que se viñan dando en anos anteriores.

Durante esa semana a Farroupeira invitounos a disfrazarnos cunha prenda dunha color cada día: o luns, todos de vermello; o martes, de verde; o mércores de azul e o xoves de laranxa.

Podedes ver as fotos neste enlace ou facendo clic na imaxe.




page | by Dr. Radut