R/ Santa Irene SN CP 15970 Porto do Son Tf. 881 866 854 E-mail ceip.santairene@edu.xunta.es Código centro 15013977

INFORMACIÓN IMPORTANTE ÁS FAMILIAS

Estimadas familias.

Co fin de garantir un entorno seguro para toda a Comunidade Educativa, imos adiantar unha serie de normas de obrigado cumprimento.

CANDO COMEZA O COLE?

Día 10 de setembro de 2021, para todos os cursos.

 

HORARIOS DE ENTRADAS E NORMAS:

INFANTIL: O alumnado de infantil pode acceder ao centro acompañado dun adulto.

A entrada realizarase ás 8.45 pola porta principal e neno/a e adulto agardarán nos espazos delimitados no patio cuberto para tal fin.

PRIMARIA: Todo o alumnado de primaria accederá ao centro polo portalón grande.

Abriranse as portas de 8.30h a 8.45h. Non poden entrar acompañados nin quedar no patio.

1º e 2º de primaria accederán ao interior pola porta lateral e irán directos a súa aula.

3º,4º,5º e 6º de primaria accederán ao interior do edificio pola rampla da porta principal( logo de atravesar o patio) e irán directos a súa aula.

ALUMNADO TRANSPORTADO: Accederán ao centro pola porta principal seguindo o camiño amarelo e irán directos a súa aula, agás infantil que agardará na biblioteca coa mestra de garda.

 

HORARIOS DE SAÍDA E NORMAS:

INFANTIL:Sairán pola porta principal. Saída escalonada: Ás 13.30-3 anos.  Ás 13.35-4 anos.  Ás 13.40- 5 anos.

Só pode entrar a recoller un adulto por neno/a, que agardará no espazo delimitado no patio cuberto ata que a titora entregue ao neno/a,momento no que deben abandoar o centro.

No caso de ter que recoller a máis de un alumno/a só se pode esperar dentro se pertenze á quenda inmediatamente posterior, no caso contrario haberá que salir e volver a entrar cando corresponda.

PRIMARIA: Sairán polo portalón lateral. NON ESTÁ PERMITIDA A ENTRADA DE PAIS/NAIS AO CENTRO POLO QUE ROGAMOS MÁXIMA PUNTUALIDADE.

Saída escalonada: 1º e 2º-13.35.  3º e 4º-13.40.  5º e 6º- 13.45.

ALUMNADO TRANSPORTADO: Sairán co mesmo horario que o resto de primaria pola porta principal seguindo o camiño amarelo, agás infantil que agardará coa mestra de garda na biblioteca ata ás 13.45 que realizará a saída.

USO DE MÁSCARA:

A máscara é obrigatoria para todos os membros da Comunidade Educativa a partir do momento no que cumplan os SEIS anos.

Todo o alumnado traerá un estoxo cunha máscara de reposto. Neste caso tamén teñen a obriga os alumnos/as de infantil usuarios de transporte, xa que sin ela non poderán acceder ao autobús.

COMO ME COMUNICO CO CENTRO?

Podedes comunicarvos vía telefónica 881866854 ou vía email ceip.santairene@edu.xunta.gal.

Se precisades ser atendidos presencialmente tedes que solicitar unha cita previa.

OUTRAS MEDIDAS IMPORTANTES:

*A Consellería de Educación establece no seu protocolo a obriga de realizar unha autoenquisa diaria antes de sair da casa.

*Se os vosos fillos/as presentan algún dos seguintes síntomas, NON PODERÁN ACUDIR AO COLEXIO: Febre de máis de 37.5 graos, tose seca, dificultade respiratoria,fatiga severa, dor muscular,falta de olfacto,falta de gusto ou diarrea.

*Tódalas familias deberán asinar unha declaración xurada na que se comprometen a isto.

* Non se permite ás familias a entrada no centro agás nos casos de forza maior ou debidamente xustificados.

* Se tedes calquera dúbida, estamos á vosa disposición para aclarala( lembrade: vía telefónica, email ou cita previa)

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN. UN SAÚDO E MOITA SAÚDE. 

A DIRECCIÓN.

 

LISTA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-2021

Estimadas familias:

No arquivo adxunto poden consultar a LISTA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-2021

ORLA DE SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Todo o claustro do Ceip Santa Irene quere felicitar ao alumnado que este ano remata Sexto curso de Primaria.

Desexamos que esta nova etapa que comezades estea chea de ledicia e que os bos recordos do voso paso polo colexio vos acompañen sempre.

Moita sorte!

 

Listas de Admitidos curso 2020-2021

Están publicadas no taboleiro de anuncios do colexio as listas provisionais de admitidos para o curso 2020-2021. Tódalas solicitudes foron aceptadas.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2020/21)

Estimadas familias.

Desde o 20 de maio ata o 19 de xuño estará aberto o prazo para solicitar as axudas para adquirir libros de texto e material escolar (curso 2020/21).

Poderán presentalas telemáticamente ou presencialmente no propio centro en horario de 10.30 a 12.30.

Poden consultar a convocatoria na seguinte páxina:

http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Adxuntamos anexos de solicitude para imprimir.

*Lembren que a situación excepcional xerada polo COVID, obríganos a extremar as medidas de hixiene e a respetar as distancias.

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020-2021

Aberto o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020-2021, do 11 ao 18 de maio, inclusives.

Horario de atención ao público de 10:00 a 13:00

INFORMACIÓN IMPORTANTE EN RELACIÓN COA SITUACIÓN CREADA POLO COVID-19

        Debido á situación de excepcionalidade xenerada pola pandemia do coronavirus (COVID-19), mentras dure esta empregaranse como canles de comunicación entre as familias e o profesorado as seguintes:

-Correo electrónico, facilitado polo profesorado ao comezo desta situación.

-Espazo Abalar.

        Para calquera dúbida e/ou consulta, pode recurrirse ao teléfono do centro 881866854, en horario de 10:00 a 13:00, ou ao correo electrónico do centro ceip.santairene@edu.xunta.es.

 

Un artigo para a reflexión

Ligazón a un artigo escrito por Toni García Arias, galardoado como Mellor Docente de Primaria en 2018, mestre e director do C.E.I.P. Joaquín Carrión Valverde, en San Javier.

https://iddocente.com/requiem-por-los-maestros/

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DA COVID-19

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DA COVID-19

Estimadas familias:

Lembramos que, segundo o disposto nas INSTRUCIÓNS POLAS QUE SE INCORPORAN A DECLARACIÓN DE ACTUACIÓNS COORDINADAS EN MATERIA DE SAÚDE PÚBLICA APROBADAS POLO CONSEJO INTERTERRITORIAL DO SISTEMA NACIONAL DE SALUD PÚBLICA (D.O.G Nº174 BIS DO 28-08-2020) E A ACTUALIZACIÓN DAS RECOMENDACIÓNS SANITARIAS DO COMITÉ CLÍNICO AO PROTOCOLO DO 22 DE XULLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 VERSION 31-08-2020, cada mañá, antes da chegada ao centro, todo o alumnado debe realizar unha autoavaliación dos síntomas  segundo a ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN que se adxunta, e que no caso da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.

 

 

VÍDEO-CONTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17 DE MAIO 2020

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS !!

 

O alumnado de 6º de primaria

quere compartir con todos nós

no Día das Letras Galegas,

este fermoso vídeo-conto

"O Coelliño Branco".

 

 

 

 

Distribuir contido