FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023/24

Recordamos que o prazo para a formalizaicón da matrícula do curso 2023 - 2024 vai desde o 20 ao 30 de xuño de 2023. Para poder formalizar a matrícula, a documentación necesaria será:

  • Anexo III Debidamente cuberto e asinado.
  • 4 fotos tamaño carné (nome e apelidos por detrás)
  • Fotocopia da cartilla de vacinas.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Certificado de alerxias ou intolerancias (de ser o caso).

Festival fin de curso

Estimadas familias:

Para rematar este curso 2022/2023 queremos convidarvos a todos e todas o noso festival de fin de curso.

 

Esperámosvos no Cine Alovi o 20 de xuño.

LISTAXE DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2023-2024

Xa podedes consultar a listaxe de libros e matarial para o vindeiro curso. 

Podedes velo pinchando na imaxe

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar

No DOG do día 19 de maio de 2023 publícase a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.  

 

PRAZOS

 

-  Do 20 de maio ao 21 de xuño de 2023.

 

 

DESTINATARIAS/OS:

 

  • Alumnado de 1º e 2º de primaria: axuda para adquisición de libros e de material escolar.

  • Alumnado de 3º, 4º de primaria: axuda para dotación do banco de libros e para adquisición de material escolar.

  • Alumnado de 5º, 6º de primaria: axuda para material escolar.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

 

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

 

  • Anexos I e II (impreso coa solicitude e a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:

 

    • Certificado ou volante de convivencia.

    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 

  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

 * Os membros computables que se opoñan a consulta dos datos solicitados, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar os documentos xustificativos pertinentes.

 

Admisión alumnado

 

A listaxe está publicada no taboleiro do centro.

Hoxe somos noticia!!!

Hoxe o noso centro sae na prensa. O xornal O Progreso publicou hoxe tanto na versión impresa como na dixital unha noticia sobre o noso centro.

Enlace a noticia

Como podedes ler para o próximo curso 2023/2024 o noso centro contará con servicio de comedor.

Biblioteca creativa

O venres 21 todo o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria desfrutou na biblioteca da formación de Biblioteca Creativa na que participamos este curso. Ó longo da xornada coñeceron diferentes xogos educativos nos que poñían en marcha a súa capacidade lectora, matemática, axilidade...

 

 

 

 

Dentro duns días moitos desos xogos estarán na biblioteca para poder seguir xogando e aprendendo de xeito divertido.

Impresora 3D

Esta semana algúns mestres e mestras do centro tiveron unha formación sobre o uso da nosa impresora 3D. Hoxe coa axuda da alumna de 6º, Alba, estamos creando o noso primeiro deseño. 

 



Admisión alumnado

ERASMUS + ESCOLAS DE PISTOIA (ITALIA)

No mes de marzo unha mestra do noso centro viaxou a Italia dentro do Proxecto Erasmus+ para coñecer o funcionamento e a metodoloxía de traballo das escolas de Pistoia (Italia), recoñecidas a nivel internacional pola calidade da súa intervención educativa na infancia.

Distribuir contido