ACTUALIZACIÓN NORMAS COVID

Para poder consultar a nova información sobre as normas COVID-19, podes pinchar en calquera dos seguintes documentos:

 

Actualización Protocolo                                   Protocolo cribado antíxeno

RESERVA DE PRAZA PARA O IES

Bo día, familias:

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Plurilingüe Santa María que durante o curso 2022/2023 desexe cursar 1º da ESO no IES Moncho Valcarce, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro cubrindo o anexo I e entregándoo na secretaría do noso centro ou a través da seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/SolicitudeReserva-execute.action?OWASP_CSRFTOKEN=S0RC-EJHE-J2OE-T58A-V9B2-KX2E-YHU5-H0OS

No menú lateral Solicitudes>Reserva>Crear

Un saúdo

 

Para descargar o Anexo I preme se desexas en Galego ou Castelán

 

Anexo I Galego       Anexo I Castelán

FESTIVAL DE NADAL

25N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os nenos e nenas do noso cole fixeron un tendal onde plasmaron os seus compromisos e rexeitamentos contra a violencia de xénero.
 
 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Informamos que se publicou a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes.

Debemos destacar o artigo 2 alumnado destinatario:

  1. O alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar durante o curso 2021-2022. (art 6. NON TERÁN QUE PRESENTAR  NINGUNHA SOLICITUDE)
  2. O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero: Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros ou estea matriculado en educación epecial, suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar. 

O alumnado que se atope nalgún caso dos mencionados no punto 2, poden presentar a solicitude no centro dende o 15 ao 26 de novembro de 2021.

Para consultar calquer aspecto da convocatoria pinche aquí. 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Recordamos que dende o día 5 ao 12 de novembro de 2021 está aberto o prazo para a presentación de candidaturas ao Consello Escolar. As eleccións para a elección dos membros terán lugar o día 22 de novembro en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.

Podedes descargar o modelo de candidaturas pinchando aquí

SAMAGOSTEEN

O pasado venres día 29 de outubro celebramos o Samagosteen no cole. Primeiro tivemos degustacón de castañas, batidos e boliños preñados para logo pasar a divertirnos con diversos xogos vinculados coa temática. 

Queremos agracedecer a ANPA a súa colaboración.

NOVAS DATAS PARA RECOLLER AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Informamos que todas as familias que non pasaron a recoller os vales de axudas para os libros e material escolar en xullo, poden pasar a recollelos os días 6, 7 e 8 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 horas.

 

 

Festival de fin de curso

O pasado martes 22 de xuño dixemos adeus ao ano lectivo cun festival de final de curso. Aínda que este ano foi moi distinto, non quixemos faltar ás nosas tradicións, e por iso fixemos un festival con música, bailes e moita ciencia. O tempo non nos acompañou ao principio, pero finalmente puidemos saír e desfrutar do noso festival.

Queremos felicitar aos nenos e nenas de 6º de E.I. que se gradúan este ano e pasan a 1º de Educación Primaria. Moito ánimo na vosa nova etapa.IMG-0892

 

Tamén nos despedimos dos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, que rematan este ano no centro e comezan o instituto. Desexámosvos moita sorte e que nunca olvidedes o vosa etapa neste colexio.

IMG-0954

Concerto de fin de curso!

Coa axuda da nosa profe de música fixemos un pequeno concerto de fin de curso, facendo unha homenaxe ás nosas raíces galegas e a algúns dos grandes grupos de rock de tódolos tempos. Esperamos que o disfrutárades, e aquí vos deixamos o vídeo.

Distribuir contido