Skip to Content

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2014/2015

 

 

NORMATIVA: Orde do 12 de marzo do 2013 da Consellería de Educación e O.U. pola que regula o procedemento para a admisión do alumnado no 2º ciclo de Ed. Infantil e na E. Primaria (D.O.G. do 15/03/13). (Pódese consultar no taboleiro de anuncios do centro).

 

POSTOS ESCOLARES: Recóllense na copia adxunta da proposta de vacantes remitida ao Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U. de Lugo.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: 3 rutas de Transporte Escolar e Comedor Escolar (regulado polo decreto 10/2007, do 25 de xaneiro  e a orde do 21 de febreiro de 2007, da Consellería de Educación e O.U.)

 

PRAZOS:

·         Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo do 2014.

·         Presentación de documentación acreditativa dos criterios a baremar: do 25 de marzo ao  5 de abril do 2014.

·         Publicación de listaxes provisionais de admitidos/as: até o 25 de abril do 2014.  Poderase presentar reclamación pernate o Consello Escolar nos 5 días hábiles posteriores á publicación  da listaxe provisional de admitidos/as.

·         Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as:  antes do 15 de maio do 2014. Contra esta listaxe poderase presentar recurso de alzada perante o/a titular da xefatura territorial no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación.

·         Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño do 2014.

 

NOTA INFORMATIVA:

Lémbraselles aos solicitantes:

1º. Que (conforme ás instruccións da Consellería de Cultura, Educación e O.U.), a solicitude axustada ao modelo oficial Anexo II será única e presentarase no centro que se solicite en primeiro lugar. O feito de presentar máis dunha solicitude conlevará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admmisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

ANEXO II-IMPRESOS DESCARGABLES

AdxuntoTamaño
AnexoII_DOG 1522013.pdf222.11 KB


page | by Dr. Radut