Merry Christmas

Nova entrega de felicitacións do noso alumnado para festexar estas festas tan ansiadas e cheas de ilusión. Que se cumplan todos os vosos desexos para o vindeiro 2022. Felices festas a toda comunidade educativa!

Bo Nadal!

Xa o din eles: O Nadal é especial. Felices festas a todos e próspero aninovo.

Magosto 2021

Este magosto xa se parece máis ao que coñecemos. Unha das festividades do curso máis emotivas e tradicionais na que o alumnado e profesorado celebran o magosto cun claro protagonista: a  "nosa" castaña.

 

Samaín en Parga 2021

O Samaín, unha festa especial para todos e todas e tanto alumnado como profesorado nunca defrauda coas súas vestimentas e foliada. Premede na imaxe e descubride algunhas das actividades máis terroríficas realizadas.

Muíña da Ruxida e Pena Xiboi

Volven as saídas e con elas a ilusión, alegría, aprendizaxe, convivencia... Aquí un vídeo da gran xornada vivida.

Maxia en Parga

Dende o centro tamén queremos das as grazas a todas as familias e membros da ANPA pola súa colaboración e participación ao longo de todo o curso académico. Unha demostración deste bo facer é o espectáculo de maxia organizado para todos/as a cargo de Fani Triana e Martín Camiña.

Imos ao cine!

Se algo botaron de menos, os rapaces e rapazas, foron as excursións, sempre tan divertidas e didácticas. Este ano fíxose esperar, pero finalmente puidemos gozar dunha saída en compañía. A película non puido estar máis entretida e a ensinanza non puido ser máis acertada. Se todos colaboramos e nos axudamos, somos máis fortes ("Raya y el último dragón")