Montaxes fotográficas

Todos necesitamos sorrir e se con iso conseguimos unha aprendizaxe, mellor que mellor.

Mira que bonitas montaxes fotográficas!

Entroido 2021

Neste entroido o protagonista ao que quixemos facer burla foi ao coronavirus, por iso o meco ten este claro protagonista. Ademais de facer unha demanda pública e social en favor do feminismo, a igualdade e non discriminación. 

Coa queima do meco volveremos a recuperar a nosa tradición e o vindeiro ano volveremos ás rúas de Parga, cantando e festexando esta festa tan bonita e tan nosa. DEICA NUNCA COVID.

Se premedes na imaxe podedes ver todas as fotos deste día, no que se inclúe un vídeo coas complas que nunca deben faltar no entroido do cole.

Traballo de investigación 5º 6º de Primaria

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º loitan por preservar a nosa natureza. Con este fin realizaron uns minuciosos traballos de investigación cheos intención. Ademais de coñecer mellor a flora da contorna demostran estar preparados para o seu coidado. Aquí unha pequena mostra deste gran labor.

Traballo de investigación 5º 6º de Primaria

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º loitan por preservar a nosa natureza. Con este fin realizaron uns minuciosos traballos de investigación cheos intención. Ademais de coñecer mellor a flora da contorna demostran estar preparados para o seu coidado. Aquí unha pequena mostra deste gran labor.

 

Admisión do alumnado - Curso 2021/22

ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO. Existen 3 prazos:

Panxoliñas de Nadal

Non houbo gala, pero a festa armárona igual. Todos temos gañas de NADAL e de panxoliñas, así que cantemos xuntos por un bo 2021...

(Premede na imaxe para ver as cancións e coreografías dos rapaces e rapazas)

Un Nadal diferente

Sabemos que foi un ano complexo, o cole cambiou, as máscaras esconderon o noso sorriso, pero non a nosa alegría. Vai ser un Nadal diferente, pero debemos manter a ilusión e esperanza nun 2021 cheo de bos desexos que seguro se farán realidade.

FELICES FESTAS A TODOS E A TODAS E PRÓSPERO ANINOVO.

ENSINO VIRTUAL:HORARIOS ESPELLO

Plasmarase os programas de ENSINO VIRTUAL do Ceip Pl.Santo Estevo de Parga,ante un eventual confinamento.

Plan de adaptación COVID e de continxencia

É de interese para toda a comunidade educativa o Plan de adaptación do centro ao contexto COVID e o Plan de contixencia, que se axuntan nesta publicación.

TODO SAIRÁ BEN!