Educación física

XOGANDO AO ATLETISMO

Algunhas fotos da xornada "Xogando ao atletismo", celebrada o 22 de novembro na pista de atletismo da cidade de Lugo dentro do programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar). Nese día o alumnado de 4º e 5º de primaria conviviu e competiu con outras rapazas e rapaces de outros colexios da nosa contorna. Para ver as fotos clicade nos documentos adxuntos de embaixo.

Piragüismo e Diverland

Desprazámonos ata Lugo, algunhas e algúns de nós acudimos ao Clube de Piragüismo e outras e outros acudiron a Diverland. 

Premede na imaxe para ver o vídeo do día.

Visita de David Arcay

O pasado 19 de xuño, recibimos no cole a visita de David Arcay.

David é un xoven apaixoado da pesca, que xa conta no seu palmarés cun Campionato do Mundo en modalidade individual, 3 Campionatos do Mundo en equipo, Campión de España, Subcampión de Europa por equipos...

Premendo na imaxe poderedes ver o vídeo resumo da súa visita...

Excursión ao rocódromo

Saída deportiva e clutural, pero sobre todo moi divertida. Nesta ocasión tocou visitar as instalación de RocoLugo e escalar as súas paredes. Tamén aproveitamos esta excursión para coñecer a casa de Manuel María. Como dirían eles/as, cando repetimos?

 

Samaín en Parga 2021

O Samaín, unha festa especial para todos e todas e tanto alumnado como profesorado nunca defrauda coas súas vestimentas e foliada. Premede na imaxe e descubride algunhas das actividades máis terroríficas realizadas.

Xogo: Vence ao coronavirus

Animamos a todas as familias a probalo. Seguro que repetides!!

#QuédateEnCasa e Móvete

Non o esquezades, a Educación Física é moi importante. Por iso, aínda que a situación vivida polo Coronavirus (COVID-19) nos obriga a manter certas responsabilidades, non debemos esquecer un tramo do día para xogar ou realizar actividade física de diferente índole. Probade algunha destas ideas que se propoñen para a mellora da Educación Física.