Educación Infantil

A viaxe do señor López e Anxo Moure

Teatro, contacontos, risas, bailes, alegría, aprendizaxe, brincos... todo isto en dúas actividades que encandilaron ao alumnado e profesorado do colexio.

Aquí algunhas mostras do ben que o pasamos.

Infantil incansable

O alumnado de infantil está no último sprint do curso académico, desexando chegar ao que vén e poder estar de volta no colexio. 

Aquí vos deixamos un vídeo recompilación dos últimos traballos.

 

Traballando arreo

Os cativos e cativas de Educación Infantil mantéñense motivados demostrando que o confinamento non poderá coas súas gañas de seguir gozando e aprendendo, senón mirade:

 

150º Aniversario de Cantares Gallegos

 

No Santo Estevo de Parga quixemos unirnos a conmemoración do 150º aniversario da publicación da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro.

 

¡A Copa do Mundo e as Eurocopas visitan o Santo Estevo!

 

O pasado mes de Decembro recibimos no cole unha grata sorpresa. Nada máis e nada menos que os títulos que a selección española de fútbol conseguiu máis recentemente: as dúas eurocopas e a copa de campións do mundo.