Actividades

Entroido 2024

O pasado venres puidemos celebrar o Entroido, aínda que a choiva nolo puxo complicado, desfilamos polo noso pavillón, bailamos, sacamos fotos, compartimos tempo coas familias, merendamos...

Aquí deixamos o vídeo da xornada (premede sobre a imaxe e levaravos ao vídeo).

Comandas de Entroido 2024

O próximo luns daremos comezo aos mandatos do Meco. Cada día deberemos traer o que nos pida! 

O venres día 9, se o tempo o permite, faremos o tradicional desfile polo pobo e posteriormente queimaremos o Meco. Agardámosvos!

OBRADOIRO DE ENTROIDO

Dende a volta de Nadal xa estamos a traballar pensando no Entroido. 

Este ano, aproveitamos que se cumplen 50 anos do noso cole e faremos unha viaxe polas diversas décadas reflectidas nos temas dos nosos disfraces.

Queremos convidarvos a un obradoiro de disfraces no cole o próximo MARTES 30 DE XANEIRO.

Actividades do 1º trimestre

Aquí vos deixamos un breve resumo dalgunhas actividades deste primeiro trimestre do curso. Poderedes acceder aos correspondentes vídeos clicando sobre as imaxes.

 

Reunións de familias

Calendario de reunións coas familias.

Festival FIN DE CURSO 2022-2023

Feliz verán familias!

Parece que foi onte cando rematamos o curso, pero nun abrir e pechar de ollos xa estamos na metade das vacacións...

Deixamos a continuación unha imaxe interactiva en pdf, coa que poderedes acceder aos diferentes vídeos do festival de fin de curso, só teredes que abrir o arquivo adxunto, premer contido que queredes ver e abrirase un enlace ao vídeo concreto. 

Agardamos que vos guste!

 

Excursión ás Pontes

Para seguir a tradición, non podíamos rematar o curso sen a excursión final de curso.

Neste caso desprazámonos, todo o cole, ata as Pontes de García Rodriguez; alí fixemos múltiples actividades e pasamos un día moi divertido, podedes velo premendo sobre a imaxe. 

Break Out Educativo

No 3º trimestre deste curso 2022-2023, dende o centro leváronse a cabo varias actividades, entre elas un par de BreakOut, nos que a través dalgunhas probas traballamos diversos contidos. 

Neste caso, o nome da misión foi "Salvemos as nosas verbas!", para superar a misión o alumnado en grupos tivo que superar diversas probas sobre: Rosalía de Castro, Francisco Fernández del Riego e Cervantes.

Premede na imaxe para acceder ao vídeo resumo da actividade.

Montaxes fotográficas

Todos necesitamos sorrir e se con iso conseguimos unha aprendizaxe, mellor que mellor.

Mira que bonitas montaxes fotográficas!

Mandados do meco

Para ao entroido dar comezo,
seguimos os mandados do meco.
En Parga os nenos e nenas vestidos
van polo colexio tan divertidos.