Skip to Content

Celebracións

Día da Paz e a Non Violencia (2023)

 Como cada 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e a Non Violencia. Este ano cambiamos a praza de Fefiñáns pola do concello, onde reuniuse unha boa cantidade de xente para acompañarnos.

Na lista de reprodución podedes ver as actuacións que levamos a cabo.

 

Festival de Nadal 2016

A continuación poñemos a lista de reprodución co Festival de Nadal 2016

 

Entroido

Nos blogues de Extraescolares e Música podedes acceder a fotografías e vídeos do pasado Entroido.

A climatoloxía acompañou esta vez e puidemos disfrutar dunha xornada festiva sen mollarnos.

No seguinte link accédese ao Lipdub no que todo o alumnado canta e baila:

Lipdub Entroido

Nestroutro están as fotos realizadas no desfile e posterior festa:

Fotos Entroido

Festival de Nadal 2015

A continuación colgamos a lista de reprodución do Festival de Nadal 2015.

 

 

Halloween 2015

Como neste cole case sempre hai ganas de leria, aprovéitase a máis mínima ocasión para mover os esqueletes e poñernos a bailar. As mestras de Música e Inglés prepararon uns bailes que resultaron ser todo un éxito. A continuación poñemos a lista de reproducción de toas as actuacións. (Nos blogues de música e inglés podedes atopar máis información)

 

 

Entroido 2015

A pesar das inclemencias do tempo a celebración do Entroido levouse a cabo, amosando unha vez máis que con imaxinación e vontade calquera cousa pode levarse a cabo.

Os disfraces tiveron moito que ver coa luz, que xunto aos faros, é o tema que se está a tratar ao longo deste curso.

Para máis información, visitade o blogue de Extraescolares, aquí vos deixamos unicamente o enlace ás fotos da xornada.

Fotos Entroido

Celebración do Día da Paz 2015

Aquí vos deixamos os vídeos da actuación dos alumnos do cole para celebrar o Día da Paz.

Para ver máis cousas (fotos, ensaios...) visitade os blogues de Extraescolares, Inglés e Música.

 

Festival de Nadal 2014 (fotos e vídeos)

Xa están no blogue de extraescolares as fotos e os vídeos do Festival de Nadal 2014, a continuación deixámosvos os enlaces a cada unha das entradas:

Fotos

Vídeos

 

Festival de Nadal 2014 (información)

O vindeiro 19 de decembro celebraremos o Festival de Nadal. Como vimos facendo os últimos anos levarémolo a cabo no salón Peña. Comezará ás 10:30h e finalizará -aproximadamente- ás 12h.

O programa é o seguinte:

Halloween/Samaín 2014

O pasado xoves moitos alumnos do centro viñeron caracterizados para celebrar o Halloween/Samaín. Os alunmos do terceiro ciclo (na imaxe hai unha pequena representación deles) realizaron tres actuacións para o resto de alumnos de Primaria.

Para ver a actuación, preme aquí (nova no blogue de extraescolares)

Distribuir contido


by Dr. Radut