NOVOS E VELLOS SOCIOS
Os vellos socios do Xabarín Club danlle a benvida aos novos socios do mesmo, ata un total de 160 que conseguimos reunir entre os dous colexios. Ao final imos facer as contas de todolos socios que temos no colexio; noviños do trinque uns 116 que non está nada mal.

OS NOSOS FUTUROS ALUMNOS VISITÁRONNOS
Acompañados dos seus mestres do Grupo Escolar, os nenos de 5 anos e moitos deles futuros alumnos nosos, achegáronse a coñecer o centro, como parte da súa adaptación a unhas novas instalacións. Visitaron as dependencias do centro,saudaron a vellos amigos e xogaron tamén un chisquiño no que vai ser o seu novo patio de recreo.
CARLOS FONTES: POEMAS CON PIRULETA
O escritor de Vilaboa Carlos Fontes tivo a amabilidade de compartir connosco a mañán do xoves, onde os mais pequenos leron e recitaron poemas do seu primeiro libro "Poemas con Piruleta" e onde ademáis nos presentou en primicia o seu novo libro de Poesía Infantil "Versos en Flor".
Cunha inmensa paciencia foi unha a unha polas catro clases do primeiro Ciclo.
PARTICIPAMOS NO "NOS TAMÉN CREAMOS"
Un can e un gato foi a curta de animación que libremente baseamos nun libro da Editorial OQO. Este traballo forma parte do programa "Nos tamén creamos" da Xunta de Galicia, a TVG e OQO editora para o fomento do uso do galego e das novas tecnoloxías na educación.
Poemas audiovisuais de Valentín Paz-Andrade polo día das Letras Galegas 2012.
Pezas audiovisuais da Obra de Paz-Andrade de carácter suxestivo, que están construídas sobre algúns dos versos máis significativos do autor.
EDUCAPLAY
Unha interesante plataforma onde, previo rexistro, podemos crear para os nosos alumnos unha serie de actividades onde aprenderán xogando. Das mais interesantes, estes mapas interactivos, como os que desta elaboramos nos mesmos, dun xeito moi sinxelo. A XOGAR










