Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

OBXECTIVOS DO CENTRO

INTRODUCIÓN

           Neste curso 2007-2008 temos algunhas innovacións baseadas en tres eixes que consideramos fundamentais para unha mellora na calidade do ensino:

•  A educación en valores como obxectivo permanente.

•  O impulso das novas tecnoloxías.

•  Os apoios ao alumnado con necesidades educativas.

 

           Dentro xa da posta en marcha da LOE, este Centro fomentará a dinamización dos seguintes proxectos específicos:

•  Dinamización da biblioteca escolar coa posta en marcha do proxecto lector.

•  Dinamización das novas tecnoloxías da información e comunicación.

•  Dinamización da convivencia escolar.

        

OBXECTIVOS FUNDAMENTAIS:

Hai uns obxectivos que son permanentes no Centro e sempre prioritarios como é o labor de equipo e o sistema de valores.

Tamén a lectura é unha inquietude constante na posta en marcha dos cursos, artellando medios e métodos de cara á mellora da lecto-escritura, comprensión, así como as técnicas de estudo.

As novas tecnoloxías e a introdución das mesmas ao sistema de aprendizaxe coma un método actual, atractivo e produtivo, fainos consideralo outra prioridade.

A incorporación de alumnado procedente do estranxeiro e a diversidade, esíxenos tomar medidas á hora de priorizar obxectivos.

Obxectivos prioritarios

• Desenvolver actitudes positivas cara ás actividades, mestres/as, alumnos/as, pais/nais e demais persoal.

• Concienciar ao profesorado da necesidade de unificar criterios para o desenvolvemento das diferentes actividades lectivas e dos diferentes plans e programas.

• Pór en marcha un equipo de dinamización da convivencia escolar.

• Incorporar o Plan de Acción Titorial e tratar contidos relacionados coas habilidades sociais, a intelixencia emocional, a autoestima, a resolución pacífica de conflitos, a mediación e dinámicas de grupo.

• Desenvolver e pór en marcha o proxecto lector do Centro.

• Elaborar e levar a cabo un plan de introdución das tecnoloxías da información e a comunicación.

• Pór en funcionamento as aulas de idioma estranxeiro coa dotación de medios de innovación, incluídos os informáticos e tecnolóxicos.

• Dinamizar e actualizar a páxina web durante o curso escolar como espazo de comunicación e de colaboración con toda a comunidade educativa.

• Organizar os apoios para a atención aos reforzos educativos e ás linguas.

• Potenciar o desenvolvemento do Programa de Reforzo, Orientación e Apoio .

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AS FUNCIÓNS DO DEPARTAMENTO

 

1. Valorar as necesidades educativas, no ámbito da orientación dos alumnos e alumnas do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

 

 

 

 2. Elaborar as propostas do plan de orientación académica e de madureza vocacional e do plan de acción titorial, incidindo no desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado e ofrecerlle ó profesorado o soporte técnico para o desenvolvemento deste plan.

 

3. Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención á diversidade do alumnado e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción.

 

 

 

 

4. Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables como de sobredotación que presenten os alumnos e alumnas.

5. Participar na avaliación psicopedagóxica conforme á normativa ao respecto e participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.

 

 
   

6. Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado poida enfrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa ou a resolución de conflitos de relación interpersoal.

7. Impulsar a participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos ou en calquera outros relacionados co seu ámbito de actuación.

 

 
   

8. Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de intervención.

 

9. Co obxecto de potenciar estratexias de actuación conxuntas, promover a cooperación entre o centro e as familias implicándoas no proceso educativo dos seus fillos: estimulación da motivación e intereses, adquisición de hábitos de hixiene e de autonomía; desenvolvemento motriz e da linguaxe; relacións interpersoais e aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do alumnado.

 

 
   

10. Establecer canles de comunicación cos diferentes servizos ou institucións no ámbito das súas competencias.

 

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA


A asociación de nais e pais “Os Muíños”
teñen programado para este curso escolar as seguintes
actividades:

 

DÍA

ACTIVIDADE

ACTIVIDADE

LUNS

Manualidades

Judo

MARTES

Aerobic


MÉRCORES

Judo


XOVES

Aerobic

Natación

VENRES

Baile


Día a escoller

Informática


¿QUE É UNHA AL? Presentación

¿QUE SON?

   A Especialista en Audición e Linguaxe é a encargada  de promover e desenvolver a prevención dos problemas da linguaxe: á potenciación das capacidades     comunicativo-  lingüísticas e a solución de problemas específicos da linguaxe e a comunicación, tendo en conta as características do noso centro.

 
 

 ¿QUE FAGO?

  A miña labor como AL estará centrada en previr, diagnosticar, pronosticar, tratar e avaliar os trastornos da comunicación humana, xa sexan estes trastornos da fala ou da linguaxe oral e/ou escrita. Polo tanto, a miña labor estará centrada en tres accións principais: prevención, exploración e intervención.

 ¿COMO O FAGO?

  Utilizando unha "metodoloxía basada nas experiencias, as actividades e o xogo, aplicándoa nun ambiente de afecto e confianza, para potenciar a autoestima e a integración social" (Artigo 14.6 da LOE, Ley Orgánica de Educación)

 

CONTOS SOLIDARIOS

Neste enlace hai moitos contos que seguro que vos van gustar


http://www.contosolidarios.org/contos.htm

 

 

DECÁLOGO DOS DEREITOS DOS NENOS A ESCOITAR CONTOS

Asociación Colombiana do Libro Infantil
 


A Asociación Colombiana do Libro Infantil redactou o Decálogo de dereitos dos nenos a escoitar contos, que segue:


1. Todo neno* sen distinción de raza, idioma ou relixión, ten dereito a
escoitar os máis fermosos contos da tradición oral dos pobos,
especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa
capacidade crítica.


2. Todo neno ten dereito a esixir que seus pais lle conten contos a calquera hora do día.
Aqueles pais que sexan sorprendidos negándose a contar un conto a un
neno, non só incorren nun grave delito de omisión culpable, senón que
se están autocondenando a que seus fillos endexamais lles volvan pedir
outro conto.


3. Todo neno que por algunha razón non teña a ninguén que lle conte
contos, ten absoluto dereito a pedirlle ao adulto da súa preferencia
que llos conte, sempre que este amoseque o fai con amor e tenrura, que
é como se contan os contos.


4. Todo neno ten dereito a escoitar contos no colo dos seus avós.
Aqueles que teñan vivos a seus catro avós poderán cederllos a outros
nenos que por diversas razóns non teñan avós que llelos conten. Do
mesmo xeito, aqueles avós que carezan de netos están en perfecta
liberdade de acudir a escolas, parques e outros lugares de
concentración infantil, onde poderán contar cantos contos queiran.


5. Todo neno está no dereito de saber quen son os principais autores de
contos. As persoas adultas teñen a obriga de poñer ó alcance dos nenos
todos os libros, contos e poemas deses autores.


6. Todo neno goza en plenitude de dereito de coñecer as fábulas lendas e mitos da tradición oral do seu país.


7. O neno tamén ten dereito a inventar e contar os seus propios contos,
así como a modificar os xa existentes, creando a súa propia versión.


8. O neno ten dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga
de nutrirse permanentemente de novos e imaxinativos relatos, propios ou
alleos, con reis ou sen eles, longos ou curtos. O único obrigatorio é
que os contos sexan realmente fermosos.


9. O neno sempre ten dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten un milleiro de veces o mesmo conto.


10. Todo neno, por último, ten dereito a medrar acompañado das
aventuras dos Tres Porquiños, dos Tres Osos, daquel cabalo que era tan
bonito.... e do inmortal "había unha vez", fórmula máxica que abre as
portas da imaxinación na ruta cara os soños máis fermosos da nenez.


N.T.: *Emprégase o xenérico
masculino, respectando o orixinal,
mais entenderase sempre nena e
neno, ou neno e nena
Traducido no 2004 pola Asesoría de Bibliotecas Escolares

Orientación para a lectura

Hongui suxire esta páxina para todos e todas (alumnado, profesorado e familias):

SOL

Nela hai moita información sobre literatura infantil e xuvenil, orientacións sobre animación á lectura, libros recomendados para as familias...

QUE FAI A ORIENTADORA DO MEU CENTRO

QUE FAI A ORIENTADORA DO MEU CENTRO?

preme sobre os pícaros

QUERES COÑECER O NOSO DEPARTAMENTO?

QUERES COÑECER O NOSO DEPARTAMENTO?

 

CONVIDÁMOSCHE A FACERES CONNOSCO

UNHA AMENA VISITA GUIADA...

 

 

 

Tradicións Anglosaxonas

 

 

 

HALLOWEEN

Esta tradición provén da festa celta-irlandesa celebrada dende vai varios séculos. Con ela finalizaba o verán e a época da recolección, sendo o momento no que se lembraban dos seres queridos xa desaparecidos.

Halloween = All Hallows Evening (tarde noite de todas as almas).

Para que os rapaces e as rapaces non se asustasen comezou a tradición de sair a pedir caramelos polas casas.

 

 

 

THANKSGIVING DAY

En 1620 un barco (Mayflower) viaxou cruzando o Océano ata o novo mundo. Nel chegaron un grupo de colonos dispostos a comezar unha nova vida.

Por desgracia chegaron moi tarde para sembrar a terra, non tiñan alimento... e como resultado moitos morreron de fame e enfermidades.

A seguinte primaveira os indios (Iroquois indians or native americans) ensináronlles a cultivar o millo con éxito, un cultivo totalmente novo para os colonos. Ademáis lles ensinaron a plantar outros cultivos, a cazar e a pescar.

O cultivo foi un éxito, asi que como agradecemento os colonos decidiron organizar unha festa. Dise que os nativos levaron cervo para asalo co pavo que levaron os colonos.

Nos seguintes anos se converteu nunha celebración para dar as grazas.

En 1863 Abraham Lincoln proclamou o últimos xoves de Novembro como o Día de Acción de Grazas.

 

CHRISTMAS

Nos países de fala inglesa é unha celebración moi importante, xa que, ao igual que no noso país, son unhas festas moi familiares.

Unha das personaxes máis famosa é Santa Claus, que visita aos nenos e nenas na noite de 24 de decembro. Os rapaces deben deixarlle un vaso de leite, galletas e unha cenoria para Rudolph, o reno.

24 de Decembro Christmas Eve
25 de Decembro Christmas
31 de Decembro New year´s Eve
1 de Xaneiro New year´s day

 

VALENTINE´S DAY

Nos países anglosaxóns San Valentín non só é o día do amor, senon tamén da amizade. De feito intercambian e regalan "Valentines" tarxetas a todos os seus seres queridos.

Nalgúns colexios colócanse buzóns para mandar cartas que despóis se reparten. Iso si, o remite é anónimo, asinando: YOUR VALENTINE.

 

EASTER

A tradición de regalar ovos de Pascua ven de vai moitísimos séculos. Todo se debe a que na época de cuaresma os cristiáns católicos non podían comer ovos nin tampouco productos lácteos, polo que unha vez rematada a cuaresma os regalaban.

Actualmente un coello é o que trae os ovos de Pascua. Os adultos os agochan no xardín a primeira hora da mañá do Domingo de Pascua e os rapaces e rapazas teñen que atopalos.



by Dr. Radut