4º de Primaria participou no concurso da Biblioteca Municipal de A Guarda presentando catro poemas, en formato orixinal, de mulleres poetas da nosa historia.
O pasado xoves, 21 de marzo, visitáronnos Ricardo, Enrique e Blanca, os gardas forestais da Xunta de Galicia, do territorio 18. Faláronnos sobre os usos, o aproveitamento e o coidado do monte, da súa fauna e flora.
Foi unha actividade moi interesante na que os nenos e nenas se mostraron moi participativos.
O sábado, 1 de abril, celebrouse o "Día da Concienciación do autismo". No noso cole celebrámolo o venres anterior cunha serie de actividades destinadas a concienciar sobre os transtornos do espectro autista: colocación de globos azuis, confección dun mural, visualización do corto "El viaje de María" e para finalizar botamos farois voadores para desexar a inclusión dos nenos e nenas con autismo na sociedade.