Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

Celebración do entroido 2017

         
 

Como tódolos anos, o centro celebrará o entroido con variadas actividades. Este ano o tema conductor será "Charlie e a fábrica de chocolate" do autor Roalh Dahl. Informaremos, puntualmente, das actividades a realizar así como das ordes do noso Meco-espada.

O centro participará, tamén, no desfile escolar polas rúas da vila que se celebrará o día 24 de febreiro. Nel participarán moitos dos centros escolares da zona.  Contamos coa vosa presenza!

 
     

Preparación do Día da Paz e Non Violencia.

       
 

O próximo luns, 30 de xaneiro, conmemorarase  o Día da Paz e Non Violencia con diversas actividades organizadas dende os equipos de Convicencia e Extraescolares.

Dende a aula de música queremos aportar a nosa colaboración e unímonos ao proxecto #Canta por Siria. Esta proposta xurdiu dende colexios de Castela e León. Consiste nunha canción con letra de Inés Gardía del Barrio, unha alumna de 6º de Valladolid, sobre a conción de Morat "Cómo te atreves a volver". Posteriormente engadíronselle movementos e coreografía.

Para preparala moi ben aquí deixo o Karaoke.

 
     
   
     
 

E aquí tedes un vídeo coa coreografía e movementos.

 
     
  Para consultar mais materiais coma os movementos, pictogramas,  mp3... podedes acceder á páxina do proxecto premendo aquí.  
     

 

 

Guardar

Menú do Comedor Febreiro 2017

Guardar

30 de Xaneiro_Celebración do Día da Paz e Non Violencia

  Letras  para a PAZ   Abecedario da PAZ  
     
         
         
         
         

30 de Xaneiro_Celebración do Día da Paz e Non Violencia

 

Letras  para a PAZ

 

 

Abecedario da PAZ  
     
  A nosa chapa conmemorativa

 

 

 Cambiamos corazóns por chapas   
         

 

 

   #Solanas canta por Siria   
   
         

Patios Dinámicos - 8 Febreiro 2017

        
   

PATIOS DINÁMICOS

Hoxe día 8 de Febreiro comezamos, ao abeiro dos contratos programa, un novo xeito de desfrutar dos patios: PATIOS DINÁMICOS. Éstes patios promoven a inclusión social no contexto escolar dentro dun programa de inclusión escolar. (Gey Lagar, Patios e Parques Dinámicos, 2015. Ediciones Trabe)

Cada mércores no patio de Primaria a mestra encargada dos Patios Dinámicos, Yolanda, proporá dous xogos e un baile. Para dar a coñecer a actividade imos pouco a pouco cos cursos.

Comezamos con 1º e 2º que se animaron sen ningunha dúbida a xogar a:

  • Desplumar a galiña
  • Conxelado

Todos e todas desfrutamos un montón!!! 

 
       
     
       
   
       

Charla Seprona. Prevención de incendios forestais.

     
  O pasado mércores, día 8 de febreiro, tivemos a visita de dous membros de SEPRONA, que nos deron unhas charlas a todo o alumnado sobre os riscos e as consecuencias dos incendios forestais. Cales son as actividades de risco e cómo evitalas.  
   
     

 

 

Proxecto A Vía Láctea

     
 

Os /as nenos/as de 6º de Ed. Infantil, xunto co mestre Jorge, estiveron a traballar o proxecto da Vía Láctea e crearon un planetario. E convidaron a algúns cursos de Primaria para que foran coñecelo tamén. 

Moi bo traballo!

 
     
   
   
 
     

O Día dos Amigos.

 

O 14 de febreiro celebramos no colexio o día dos amig@s. O carteiro pasou por tódalas aulas repartindo as postales con versos de amor e de amizade que previamente habían escrito nen@s de outras aulas e depositado no buzón especialmente preparado para este fin.

Que ilusión nos fixo recibir tantas postais.

Para os curiosos/as que queiran lelas postais, agora  as temos nun mural no corredor!

 
   
 
         
       
         

Guardar

Guardar

Guardar



by Dr. Radut