Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

UNHA CHARCA NO PATIO SENSORIAL

O equipo medioambiental do colexio está creando un novo ecosistema: unha charca.

Dentro de pouco terá algún inquilino.

 

ENSALADA. AULA DE 3 ANOS

AS EMOCIÓNS EN 3ºA DE PRIMARIA

As emocións son reaccións que experimentamos: alegría, medo, ira, tristeza... 

A profe María traballa cos nenos e nenas de 3ºA de primaria cales sinten, cales coñecen, cales gustan ou non...

Aquí podedes ver o resultado:

 

PROXECTO DÍA DO MEDIOAMBIENTE 4º PRIMARIA 2021

Polo Día do Medio Ambiente o alumnado de 4º primaria fixo un proxecto cunha serie de actividades:

  • Plantación de árbores.
  • Creación de obxectos con materias de refugallo.

O resultado:

 

PINTADO DE BANCOS NO PATIO DE PRIMARIA

No CEIP Plurilingüe As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo, lévanse a cabo diferentes actividades para a mellora da convivencia. Entre elas, xa fai uns anos que co alumnado puxemos en funcionamento un proxecto de mediación entre iguais. Durante 5º de primaria fórmanse en emocións, habilidades sociais e na resolución de conflitos e en 6º de primaria convírtense nos responsables de mediar ante conflitos no patio.

Este curso, coa colaboración de Tamara Baz, artista local de A Guarda, deseñouse un BANCO DE MEDIACIÓN, que se utilizará como recuncho para resolver os conflitos coa técnica “boca-orella”.

Ademais, construíuse tamén un BANCO DA AMIZADE, que servirá para que o alumnado que ten dificultades para relacionarse poida buscar o apoio dalgún compañeiro/a na hora do patio e xogar.

 

VISITA AO IES A SANGRIÑA DO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

Nuns días, o alumnado de 6º Primaria remata o seu paso polo noso colexio. Novas aventuras comezan para eles/elas no instituto.

Fai uns días foron a coñecer as súas instalacións e algúns dos seus profesores/as.

 

Proxecto EmocionArte en E. Infantil

SAÍDA FIN DE CURSO 2021

E para despedir o ano...

 

ROCODROMO EN INFANTIL

Este ano estreamos un novo rocodromo pintado pola mestre Lucia en homenaxe ao conto "O principito"

SAÍDA FIN DE CURSO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA 2021

Os nenos e nenas de 6º de educación primaria deixan atras a súa etapa en Solanas para emprender un novo comezo no instituto.

O último día no colexio tiveron unha saída moi divertida:

 



by Dr. Radut