Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Visita 4º de primaria ao CEEPR San Xerome

O pasado martes 17 de outubro, os nenos e nenas de 4º de primaria visitaron o CEEPR San Xerome.

Alí, coñeceron aos nenos e nenas que van alí a aprender e aos seus mestres/as.

Participaron en varios obradoiros:

- Cociña, onde elaboraron unha receta: "minipizzas de Samaín".

- Artístico, onde bailaron "o twist do corpo", tocaron unha canción con diferentes instrumentos musicais de percusión e fixeron un mural.

- Sala Snoezelen: coñeceron a sala multisensorial e experimentaron con diferentes materiais que estimulan os nosos sensos.

Ademais, compartiron o recreo para xogar xunt@s.

 



page | by Dr. Radut