Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Prazo de admisión para o curso 2022-2023

           
 

 APERTURA DO PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA EN SOLANAS

 

Dende o 1 de marzo ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o próximo curso 2022-2023. O calendario do procedemento de admisión e matricula está establecido na Orde do 12 de marzo de 2013.

PRAZO DE ADMISIÓN: do 1 ao 20 de marzo

DIRIXIDO A:

  • Alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil).

  • Alumnado que quere cambiar de centro escolar, sempre que existan prazas dispoñibles.

COMO PRESENTAR A SOLICITUDE:

  • A partires do 1 de marzo vía telemática. Os trámites poderán realizarse na aplicación informática: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

  • A partires do xoves 3 de marzo modo presencial nos centros escolares

 

VÍA TELEMÁTICAwww.edu.xunta.es/admisionalumnado

Esta ferramenta posibilita aos proxenitores cubrir a solicitude na aplicación e presentala de forma presencial no centro ou por vía electrónica.

As familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento empregando o código que xera a aplicación ao cubrir a solicitude.

MODO PRESENCIAL

Acudir ao centro educativo, pedir en secretaría a solicitude, cubrila e nós a tramitamos.

 

Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria.

 

Documentación (Recordamosvos que podedes descargar o documento en pdf na marxe superior dereita)

Área de influencia:

Vacantes:

 

Calendario do proceso de admisión:

Documentación:

 

Solicitudes de admisión:

 

Tríptico de información:

 

 
     
AdxuntoTamaño
REA INFLUENCIA COLEXIO.MAPA_.pdf2.87 MB
Calendario procedemento admision 2022-2023.pdf16.43 KB
Documentación ADMISIÓN 2022.pdf131.1 KB
Solicitude admisión SOLANAS 2022.pdf1.27 MB
TRÍPTICO SOLANAS2022.pdf4.16 MB
VACANTES 22-23.pdf57.64 KB


page | by Dr. Radut