Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Equipo de Convivencia

CHARLA TEA POLO GABINETE CORES: 6º primaria

O Gabinete Cores, centro de desenvolvemento e intervención terapéutica, tivo unha charla informativa no noso colexio sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA) para o alumnado de 6º de primaria.

CHARLAS SOBRE NOVAS ADICCIÓNS. PLAN DIRECTOR: 3º ciclo

O alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unha charla informativa/formativa sobre novas adiccións dunha axente experta das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Esta charla pertence ao Plan Director que é un programa para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR: 2 de maio

No Día contra o Acoso Escolar, a xefa de estudos e a Xefa do Departamento de Orientación explican ao alumnado de 2º e 3º ciclo o Punto Laranxa. Un punto físico (entrada do colexio) e virtual (páxina web do centro) onde a Comunidade Educativa pode, de forma anónima, comunicar ou denunciar situacións de acoso.

CHARLA NAVEGA CON RUMBO: 3º ciclo

Navega con Rumbo é un programa asinado coa consellería de Cultura e o CPEIG para a prevención dos ciberdelitos na rapazada.

 

OBRADOIRO "EU. TI. NÓS NA IGUALDADE"

O noso centro participa no desenvolvemento das accións de igualdade do Proxecto Igualando 2024, do Concello de A Guarda, coa actividade para o alumnado de educación primaria: “Eu. Ti. Nós na Igualdade”.

DÍA DO AUTISMO 2024

O 2 de abril é o día de concienciación sobre o autismo para construir unha sociedade máis inclusiva.

O alumnado de educación infantil e o 1º ciclo de primaria tiveron a lectura colectiva do conto Tea o cal ofrece unha experiencia inmersiva para empatizar coas persoas que teñen o Trastorno de Esprecto Autista. Ten unhas gafas para coñecer as principais alteracións.

 

DÍA DA PAZ 2024

SEMANA DAS MÚLTIPLES CAPACIDADES. Día da Discapacidade: 3 de decembro

O 3 de decembro é o Día da Discapacidade.

Durante a semana anterior, na Hora de Ler, temos a "Semana das Múltpiles Capacidades"onde visionamos difentes cortometraxes. Cada aula tiña a proxección dun corto: Ourizo, O cazo de Lorenzo, Ian, O agasallo, O soño de Pedro...

Despois de ver o corto, tiñamos unha reflexión conxunta e de agasallo un marcapáxinas.

Preme na cartalería para ver o ben que o pasamos.

ACTIVIDADES DE CONVIVENCIA NO MES DE NOVEMBRO 2023

14N: DÍA MUNDIAL DA DIABETE 2023

Xogos interactivos para coñecer un pouco máis esta enfermidade.

17N: DÍA INTERNACIONAL DO SINDROME

DE SMITH MAGENIS

 

Cada clase tiña que decorar algunha das letras do cartel conmemorativo. O alumnado de 5º primaria fixo a montaxe.

20N: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS

DOS NENOS E NENAS

25N: DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA 

DE XENERO

 

Cada clase traballou un dereito e fixo dous debuxos ilustrativos sobre él.

Nunha xuntanza de todo o colexio, os cursos explicaron ao resto seu dereito.

Con todo o traballo feito faremos unha oca xigante para poder xogar outro día "de Pinchi a Pinchi tiro porque me toca"

 

LINGUA DE SIGNOS EN 3º DE PRIMARIA

O alumnado de 3º de educación primaria preséntase empregando a lingua de signos. Preme na imaxe para que podas coñecelos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut