APERTURA PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES COLABORADORES COMEDOR

As persoas interesadas en colaborar no vindeiro curso escolar 2023/2024 nas tarefas de comedor escolar poderán formalizar a súa solicitude no centro educativo.                                                         

ACTO DE GRADUACIÓN

O mércores 21 de xuño levouse a cabo o acto de graduación do alumnado de sexto de educación infantil e sexto de educación primaria.

Neste acto levouse a cabo a entrega de diplomas e orlas para aqueles alumnos e alumnas que finalizaban estas etapas. Tamén se levou a cabo a visualización dun vídeo moi emotivo con moitos dos momentos vividos desde que o alumnado comezou no centro na etapa de educación infantil. Ademais o profesorado titor e o director do centro dedicoulle ao alumnado unhas fermosas e agarimosas palabras. 

 

PARABÉNS A TODOS E TODAS

E

SORTE NESTA NOVA ETAPA!!!

 

 

 

FESTA FIN DE CURSO

O martes día 20 de xuño desprazámonos a Forcarei para participar dunha festa conxunta co CEIP Nosa Señora das Dores para celebrar o:

FIN DE CURSO!!!

 

QUE COMO O PASAMOS??

AS IMAXES FALAN POR SI MESMAS

 

Distribuir contido