SESIÓN DE CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS

O martes estivo no cole Paco Nogueiras contándonos unha chea de contos...foi marabilloso. Fixo que viviramos unha hora máxica con contos como "O pito Cairo" "Imos cazar un oso" e tamén poñéndolle voz e música a poemas recollidos por Neira Vilas no libro "Cantarolas".

Temos que dar as gracias a editorial Kalandraka por permitirnos vivir este momento.

Aqui vos deixamos un enlace co vídeo que montamos.