XUBILACIÓN DA PROFE MARI CARMEN

Aínda que vai con atraso, non queremos deixar de amosarvos como foi o día da despedida da nosa compañeira Mari Carmen.

Despois de estar toda unha vida adicada á educación e durante moitísimos anos ó alumnado do cole de Soutelo, quixemos facerlle unha bonita despedida na que ela e os seus alumnos/as  foron os grandes protagonistas!!!

Foi unha tarde moi intensa, chea de agasallos, música, cancións, detalles... pero sobre todo...moitas moitas emocións!!!

Moita sorte nesta nova etapa e xa sabes que...A TÚA ESENCIA QUEDA CON NÓS.

Como as imaxes valen máis que mil palabras... enlace.