DÍA DE PELÍCULA!!!!

Onte foi un día de película para os máis peques...e nunca mellor dito...

Os nen@s de Infantil e Primeiro ciclo, xunto coas súas profes, participamos  nunha convivencia organizada con outros catro coles da contorna: o de Boborás, o do Irixo, o de Beariz e o de San Amaro.

Reunímonos en Leiro para ir ao cine a ver : Norman del Norte.

 

A peli foi moi divertida!!!!

Ao rematar cruzamos o río Avia pola ponte colgante e alí nas inmediacións do camping asentamos campamento e desfrutamos todos xuntos do xantar. Quedou tempo, ao rematar para correr e brincar pola área recreativa.

Unha xornada ben aproveitada!!!

Ollade FOTOS