Complementarias e extraescolares

O DÍA DA PAZ NO CEIP TERRA CHÁ

O pasado día 31 de xaneiro celebramos no centro o día da Paz. Entre todos/as fixemos un mural que representaba unha pomba, símbolo deste día. Cada neno/a colocou como se fosen as plumas da pomba, unha plantilla da súa man na que deixaron unha mensaxe de paz e amor. Despois do recreo, xuntámonos todos/as diante do mural, para interpretar diferentes cancións alusivas a este día tan sinalado.

CELEBRÁMOLO NADAL NO CEIP TERRA CHÁ

12/22/2010 - 11:00
12/22/2010 - 15:00
Etc/GMT+2

Hola a tod@s:

O Mércores 22 de Decembro celebrárémolo Nadal no centro.

Ás 11:00 visitaranos "o Home Orquestra" co seu gran espectáculo de música,  gracias á colaboración da ANPA do centro.

Ás 12.00 os nenos realizarán uns centros de mesa para o comedor como temos costume dende fai moitos anos.

De 12.30 a 14:00 realizarase un visionado de películas de nadal, así como outras actividades relacionadas con estas datas.

As 14:00 no comedor, terá lugar un recital de panxoliñas. Nel participan tódolos nen@s do centro.

Un saúdo a todos

O magosto

 O día 11 celebramos o magosto no colexio facendo xogos con froitos de outono e para rematar comemos as castañas.

Distribuir contido