ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL NA ETAPA DE INFANTIL.

 

ACTIVIDADES PARA REALIZAR NA CASA

 

Este documento ten a finalidade de aportar SUXERENCIAS e pequenas PAUTAS DE TRABALLO para favorecer o desenvolvementos dos distintos elementos que interveñen na linguaxe do seu fillo.

As tarefas débenselle propoñer a través de xogos e facelas a diario (10 – 15 minutos, como mínimo).

  1. Expresión e comprensión oral

 Exercicios de respiración e sopro:

 

  • Facer xogos de soprar, inflar a boca. Inflar globos de distintos tamaños. Soprar sobre canicas, pelotas de ping-pong, matasogras,… collendo o aire polo nariz e soltándoo pola boca.

  • Soprar de maneira suave e continuada sobre a palma da man, sen inflar as meixelas.

  • Soprar velas en distintas direccións e lonxitudes.

  • Tombados colocamos un papel na barriga e tratamos de movelo ao enchela de aire.

  • Inspiración nasal lenta e profunda, reter o aire e espirar bucalmente (como fai o lobo do conto dos tres porquiños) de forma lenta e continua.

  • Inspiración nasal lenta e profunda polo orificio nasal dereito , reter o aire e espiración bucal rápida e continua. Facer o mesmo co orificio esquerdo.

 

Exercicios linguais e labiais.

 

 

  • Sacar e meter a lingua en distintos tempos. Primeiro lento e logo rápido.

  • Levantar e baixar a lingua.

  • Relamberse.

  • Facer que comemos un xeado.

  • Dar bicos ao aire.

  • Morder o labio de arriba e logo o de abaixo.

  • Limpar os dentes coa lingua.

  • Pasar a lingua polo padal (de atrás a diante e viceversa).

             Desenvolvemento Lóxico/Cognitivo:

 

  • Facer a lista da compra entre os dous.

  • Buscar obxectos a través de indicacións.

  • Xogar ao vexo vexo.

  • Facer puzzles.

  • Identificar os nomes dos obxectos da vida cotiá.

 

  1. Atención /Concentración

 

  • Xoguen a situar obxectos en distintos lugares da casa ( encima, debaixo, enriba, abaixo, diante, detrás, o lado, entre,..).Así reforzaran a aprendizaxe das nocións espaciais.

  • Desenvolva as súas memorias visuais. Coloque obxectos, carta de baralla, debuxos,.. enriba da mesa. Que o neno preste atención: retíreos e pida logo que diga o nome dos obxectos que apareceron antes.

 

 Orientacións para estimular a linguaxe

 

  • É importante non centrar a atención do neno sobre as súas dificultades á hora de articular e de expresarse de forma oral porque pódese fixar máis o problema.

  • É bo reforzar a confianza do neno en si mesmo, en que é capaz de facer as cousas.

  • É importante valorar os logros que vai conseguindo.

  • A excesiva ansiedade e preocupación polo problema pode inducir o neno a avergoñarse e a inhibirse.

  • Deben falarlle de forma pausada e correcta sen imitar as súas expresións.

  • Empreguen unha linguaxe sinxela con frases primeiro cortas para pasar despois a máis extens axeitadas a súa idade pero sen caer nunha linguaxe infantilizada. Fomentar a conversa en calquera momento do día, cunha pronunciación correcta.

  • Non reiterar demasiado na corrección dos seus erros o falar

  • Teñan en conta que o ritmo da aprendizaxe para as tarefas é lento.

  • Non imiten a súa fala. Están reforzando a súa inadecuada articulación e expresión.

  • Fáganlles preguntas abertas nas que teña que contestar varias palabras non soamente si ou non ou con xestos.

  • Amplíen o seu vocabulario e expresión. Ensínenlle que é cada cousa, como se chama, para que serve, que partes ten,….

  • Axúdelles a construír ben as frases: quen, cando, como, porque,….así favoreceran a súa expresión.

  • Estimulen a súa memoria e a súa linguaxe.

  • Falen moito con el, contenlles contos, pregúntenlle que fixo na escola,….