I Xornadas de Sensibilización e Atención á Diversidade. Vídeo

Algúns dos mestres e persoal que traballa no Vales Villamarín de Betanzos doaron amablemente as súas imaxes para iniciar as I Xornadas de Sensibilización e Atención á Diversidade con este vídeo, que é un algo, ainda que é pouco, pero que comeza coa reflexión propia de que todos somos diferentes, bos para unhas cousas e malos para outras, e isto é o que nos enriquece. Foi unha experiencia inolvidable moitas grazas a todos e todas os que fixéstedes posible este proxecto que nos fixo a todos un pouco máis sensibles e mellores persoas.
NO "VALES", TI VALES, NO "VALES" VALEMOS TODOS!
Recordade que "xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas: poden cambiar o mundo"

Untitled from Patricia Pena on Vimeo.