3 de Decembro: Día das Persoas con Discapacidade

Un ano máis, a nosa escola celebrará,  con un montón de actividades relacionadas coas cores,  o 3 de Decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade,,  englobado dentro dun proxecto máis amplo de atención á diversidade.

Comezamos coa lectura do magnífico libro " Las Ciudades de Colores" de María Bautista e Raquel Blazquez, para posteriormente, entre todos, encher o colexio de cores con cidades de cores, cordas de cores, mandalas, pictogramas...

Para ver o conto adaptado a pictogramas pinchade aquí.

 E tamén, ao longo da semana, veremos e reflexionaremos sobre a curta de " Cuerdas" 

Este ano colaboran con nós neste proxecto as escolas Unitarias de Coirós. Desde aquí agradecer o seu magnífico agasallo: unha fermosísima cidade de cores!. Cando estea rematada a exposición amosaremos as fotos. De momento un aperitivo...