Actividades do mes de decembro

No aulario de infantil empezou o mes de decembro marcado por un abano de actividades que incidiron directamente nas programacións didácticas deste trimestre: dende o paseo polo pobo que puxo fin ao Proxecto Betanzos para o alumnado de catro anos, ou pola conmemoración do tres de decembro como día das persoas con discapacidade na que participaron activamente todos os niveis, pasando por actuacións de grupos teatrais ofertadas polo Concello: Boabab teatro, Duende Sico, taller de xoguetoloxía ou as sesións de Planetario e exposición ubicado no edificio durande tres dias ata que rematamos co concerto didáctico do grupo Arcos Iris e a recepción dos Reis Magos de Oriente para recoller as cartas de todos os nenos e nenas.

ACTIVIDADES DO MES DE DECEMBRO