Iniciar sesión |
EnlacesPORTAIS DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS E DO MINISTERIONeste apartado facemos unha selección de portais educativos que teñen colgados na rede un bo número de recursos educativos. Hai máis portais pero os que seleccionamos a continuación son aqueles que neste intre presentan un maior número de recursos. Ministerio de Educación: http://www.cnice.mecd.es/. Numerosos recursos distribuídos por materias. Comunidade de A Rioxa: http://www.educarioja.org/educarioja/home.jsp. Contén un repositorio de actividades para pizarra dixital. Comunidade de Andalucía: http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos/index.php3. A comunidade de Andalucía mantén unha rede telemática que leva por nome Averroes. Nesta rede están colgados os recursos educativos seleccionados por etapas educativas e por temas. Comunidade de Madrid: http://www.educa.madrid.org/portal/web/educamadrid Neste portal ten especial interese algunhas actividades feitas co programa Hot Patatoes. Hot Patatoes é un programa como Clic ou Jclic que reciben o nome de ferramentas de autor. As ferramentas de autor son programas que sen necesitar grandes coñecementos, permiten crear unha considerable variedade de actividades educativas. Comunidade de Castela e León: http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm. O portal desta comunidade ten apartados orientados a rapaces de primaria e infantil interesantes. Non hai que baixar as actividades, corren na propia páxina web. Comunidade de Murcia: http://www.educarm.es/. Posiblemente un dos mellores portais educativos con múltiples recursos para tódolos niveis. Merece a pena visitalo. Comunidade de Aragón: http://ryc.educaragon.org/index.asp. O proxecto que leva por nome Ramón y Cajal ofrécenos informacións de interese. Non esquezades explorar o enlace que leva por nome C.A.T.E.D.U. Asturias (Educastur) http://web.educastur.princast.es/proyectos/cuate/blog/. Neste portal poderemos atopar programas, materiais e actividades para pizarra dixital e tablet PC. Galicia http://www.edu.xunta.es/portal/index.jsp. Interesante portal que posúe un bo número de recursos educativos. Entramos por “contidos educativos” e atopamos recursos para infantil e primaria organizados por materias. Navarra (Educanet) http://www.pnte.cfnavarra.es/. Con recursos para diferentes niveis de ensino, algúns moi atractivos.
categories [ ]
COLECTIVO ESCUELAS RURALES
categories [ ]
PORTAL EDUCATIVO DE MURCIA
categories [ ]
PORTAL EDUCATIVO DE CASTELA - LEÓN
categories [ ]
MECPáxina oficial do CNICE do Ministerio de Educación, con recursos educativos para tódalas áreas. Recursos para tódals áreas e niveis, diccionarios, televisión educativa, materiais curriculares premiados, software educativo libre... O MEC leva bastantes anos traballando nesto das TIC e aporta moitos recursos.
categories [ ]
INTERMÓN
Páxina de Intermón-Oxfam, ONG con moitas propostas educativas.
categories [ ]
|