O pasado martes, 16 de abril, o alumnado de 4º disfrutou e aprendeu grazas ao taller de eduación vial.

Bici para aló e para acolá, pasámolo xenial!!

Taller de educación vial

O pasado luns, 8 de abril, as nenas e nenos de 4º de primaria fixemos un obradoiro sobre as velutinas.

Obradoiro de velutinas

O xoves 11 de abril, o alumnado de 3º de Primaria acudiu ao Auditorio de Ferrol para desfrutar dun concerto da Pequeorquestra.

Concerto da Pequeorquestra no Auditorio de Ferrol - 3ºEP

O venres 5 de abril, o alumnado de 3º de Primaria achegouse ata a ludoteca da Solaina. Alí, ademais de informarnos das actividades que nela se desenvolven, aprendimos a fabricar xoguetes con material reciclado e... XOGAMOS UN MONTÓN!

Visita á Ludoteca da Solaina - 3ºEP

O pasado 2 de abril celebramos o Día das Artes Galegas e, xa que estamos a traballar o cine no cole, que mellor que ver unha película 100% galega: VALENTINA.

Día das Artes Galegas - Valentina

O Concello de Narón está a levar a cabo este curso 2023/2024 un proxecto co obxectivo principal de dotar a poboación de menores do Concello e as súas familias das ferramentas necesarias para evitar condutas adictivas relacionadas co uso das novas tecnoloxías.

 

Para rematar o trimestre, tivemos no noso cole a Emilio, da Escola de Esgrima Tres Armas de Ferrol.

Descubriunos o manexo do florete e desfrutamos dos asaltos. Quen sabe se temos algún ou algunha experta tiradora entre nos!

Grazas, Emilio!

Visita da Escola de Esgrima Tres Armas de Ferrol

As nenas e nenos de 5º curso participaron no V Concurso de educación viaria baixo onome de Rotuladores Permanentes.

V Concurso de educación viaria

Con obxecto de conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o noso alumnado estivo a traballar valores de igualdade, corresponsabilidade... a través do cine.

8M - TRABALLAMOS A TRAVÉS DO CINE
Distribuir contido