NOVO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN COVID A 20 DE MAIO DE 2022

Xúntase o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022, versión 20/05/2022.

 

 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 22/23

 Poderán solicitar as axudas os alumno-as que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.

 

Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumno-as con Trastorno do Espectro Autista e os alumno-as con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.

 

Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.

 

 

 

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet.

Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están nesta ligazón:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Despois de cuberta a solicitude on-line, teñen que imprimila en papel e asinala. No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos.

Posteriormente terán que entregar  no Departamento de Orientación do colexio os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete xunto coa documentación requerida (certificado do nº da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade, título de familia numerosa, de selo caso).

 

Prazo de presentación:

ABERTOdende 19 de maio ata o

30 de setembro de 2022

Para evitar complicacións na tramitación das solicitudes non deben agardar ao derradeiro día.

 

 

 

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023

Hoxe sae publicada a

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

Orde do 29 de abril de 2022 (DOG)

Extracto da Orde do 29 de abril de 2022 (DOG)

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por via telemática a través de CHAVE 365.

De facelo presencialmente na escola deberán ter cubertos os anexos I e II.

Lembrar que na solicitude destas axudas terase en conta o exercicio fiscal 2020.

ANEXO I

ANEXO II

 

ACTUALIZACIÓN DOS CRITERIOS DE PROMOCIÓN

Sequindo as instruccións dadas pola inspección educativa e cumprindo o establecido na Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, procédese a dar publicidade da modificación da concreción curricular das programacións didácticas aprobadas polo claustro o 27 de abril de 2022.

 

 MÍNIMOS ESIXIBLES POR CURSOS EDUCACIÓN PRIMARIA

 

MÍNIMOS ESIXIBLES POR CURSOS EDUCACIÓN PRIMARIA
1º EP 4º EP
2º EP 5º EP
3º EP 6º EP

 

 

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

P

Infórmase que todo o alumnado que solicitou praza na escola está admitido. Agora deberán vir formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Benvid@s !

XORNADAS PORTAS ABERTAS

COÑÉCENOS!
As portas da nosa escola están abertas. Podes coñecer as nosas instalacións nas xornadas de portas abertas que se desenvolverán tódolos martes do mes de febreiro de 16 a 17h.
No mes de marzo tamén faremos xornada de portas abertas o  martes día 8 de 16 a 17h.
 
Pide a túa cita chamando ao 678715569 ao 886120860 ou ao 886120862. Estaremos encantados de atenderte e clarexar as túas dúbidas.

Na seguinte ligazón poderedes ver todas as nosas instalacións en visión 360º. So tedes que premer na ligazón e elexir a/s dependencia/s que queredes coñecer. VISITA VIRTUAL

No Blogue de Picolindo descubriredes o noso xeito de traballo.

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos publicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

 A solicitude de praza en periodo ordinario será do día 1 ao 20 de marzo, cubrindo o seguinte formulario ED550B

RESULTADO DO SORTEO ANUAL DE LETRAS DE ADMISIÓN

 

 
 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023

Segundo o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (publicado DOGA n.º 29 do 11/02/2022); salientamos os puntos máis relevantes no proceso de admisión de alumnado en centros docentes públicos e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2022/23.

Artigo 9. Criterios de admisión do alumnado e puntuación

  • 1. Nos centros docentes sostidos con fondos públicos onde non haxa postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva e/ou de admisión, para determinar a orde de prelación do alumnado, teranse en conta os seguintes criterios: 2. O momento e a forma de alegar e acreditar os criterios de admisión será o que se estableza mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de educación.
    • a) Por unha irmá ou un irmán matriculados no centro: oito puntos; polo segundo e seguintes, dous puntos por cada un, co máximo de catorce puntos.
    • b) Proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo.
      1º. Por proximidade do domicilio familiar: se está na área de influencia do centro, oito puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, catro puntos.
      2º. Por proximidade do lugar de traballo: se está na área de influencia do centro, seis puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, tres puntos.
    • c) Por renda per cápita da unidade familiar. A puntuación, por referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do exercicio fiscal a que corresponde a renda, será a seguinte:
      1º. Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: tres puntos.
      2º. Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: dous puntos.
      3º. Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: un punto.
      4º. Se é igual ou superior ao IPREM: cero puntos.
    • d) Por persoa proxenitora, titora ou acolledora traballadora do centro docente tres puntos, con independencia de que traballen ambas.
    • e) Por familia numerosa: de categoría especial, tres puntos; de categoría xeral, dous puntos.
    • f) No caso de irmáns nados dun parto múltiple, sempre que soliciten o mesmo centro, corresponderanlles oito puntos se son dous e dez puntos se son máis de dous.
    • g) No caso de familia monoparental: dous puntos.
    • h) Por discapacidade igual ou superior ao 33 % dos membros computables da unidade familiar, a puntuación indicada a seguir co máximo de catro puntos:
      1º. Alumno/a: catro puntos.
      2º. Calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, ou o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora: tres puntos.
      3º. Calquera das irmás ou dos irmáns: un punto por cada un.
      Así mesmo, terá esta consideración a percepción da pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
    • i) Por condición de vítima de violencia de xénero de calquera dos membros computables da unidade familiar: dous puntos.
    • j) Por condición de vítima de terrorismo de calquera dos membros computables da unidade familiar: dous puntos.
    • k) Por criterio complementario, consistente en circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro, de acordo con criterios obxectivos, que terán que publicar antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión: un punto.
    • l) Polo expediente académico para ensinanzas de bacharelato a puntuación será a seguinte:
      1º. Nota media de sobresaliente: dous puntos.
      2º. Nota media de notable: un punto.
      3º. Por nota media de ben: medio punto.

    MODELO DE SOLICITUDE:

NOVO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN COVID A 14 DE XANEIRO DE 2022

AUTODECLARACIÓN  DE CASO SOSPEITOSO DE COVID

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

 

PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 
PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19)NO ÁMBITOEDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE  GALICIA
 
 

RESERVA DE ADMISIÓN

Prazo de reserva de praza para centros adscritos do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

 

O prazo de reserva de admisón é para o alumnado de 6º que pasa ao IES ALEXANDRE BÓVEDA o vindeiro curso 2022/23.

A través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO na opción Solicitudes pódense crear solicitudes de reserva de praza (do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro) ou de admisión (primeira quincena de marzo) para o resto do alumnado que desexe cambiar de centro a outro non adscrito. 

LIGAZÓN á aplicación ADMISIONALUMNADO.


A presentación da solicitude ED550A, farase na secretaría da escola, no horario de atención. T
amén poderedes entregalo en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisaredes de Chave365 ou certificado dixital.

O prazo de entrega é dende o 11 de xaneiro ata o vindeiro día 8 de febreiro. LEMBRADE QUE aquelas familias que non elixan este centro para cursar a secundaria, non entregarán o documento e solicitarán praza no que sexa do seu interese no prazo ordinario.

E se queres coñecer a nosa escola...

Na seguinte ligazón poderedes ver todas as nosas instalacións en visión 360º. So tedes que premer na ligazón e elexir a/s dependencia/s que queredes coñecer. VISITA VIRTUAL

No Blogue de Picolindo descubriredes o noso xeito de traballo.

De todos xeitos, estaremos encantados de recibirvos, CON CITA PREVIA,  para clarexar as dúbidas que podades ter ( segundo o Protocolo COVID-19 non podemos facer percorrido polas instalacións).

 

 

TODO PREPARADO PARA AS VOTACIÓNS

Hoxe é un día importante,  acudide a votar!. Temos todo preparado!

 RESULTADO DAS VOTACIÓNS:

SECTOR RESPONSABLES

44 VOTOS: CRISTINA RESINO RODRIGUEZ.- TITULAR

44 VOTOS: SABELA FORNEIRO PRADO.- TITULAR

38 VOTOS: ELENA GAREA SEIJAS.- SUPLENTE 1

17 VOTOS: TERESA FRADE LIMES.- SUPLENTE 2

Distribuir contido

Back to top