Proxecto anual
PROXECTO ANUAL
Posted Xaneiro 16th, 2014 by admin
PROXECTO ANUAL 2022/2023
PICO Pensa e Crea LINDO
PICO PENSA E CREA LINDO, servirá de desculpa para o traballo de investigación, lecturas e desenvolvemento do noso alumnado adentrándoos, aceptando a suxestión das BIBLIOTECAS ESCOLARES no mundo da escritura. A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento aproveitando todos os recursos que contan na súa contorna.
Neste curso trataremos distintos modos de escritura, escribir para comunicar e comunicarnos.
ü a historia da escritura, da pedra aos computadores.
ü a escritura a través da historia,
ü os alfabetos.
ü pictogramas,
ü a banda deseñada,
ü a radio escolar,
ü escribir novas e traballar a prensa,
ü distintos soportes de escritura: a carta, o diario, as biografías,...
ü creacións 3d,
ü contos populares, relatos, lendas e historias.
ü festas e eventos de interese,
ü mochilas viaxeiras creativas na que faremos relatos colectivos, libros viaxeiros, crearemos personaxes,...
ü Escribir a través do teatro.
ü A esccritura a través dos medios
ü Obradoiros de lettering para dar importancia á caligrafía,
ü O croma.
En definitiva, traballaremos nesta nova aventura, que trataremos?, que investigaremos?.. seguro que moitas cousas, o que vos podemos asegurar é que crear imos a CREAR MOITO XUNTOS
Vincularemos o proxecto cos obxectivos do desenvolvemeento sostible, axenda 2030, co obxectivo de mellorar a vida dos membros da comunidade educativa e non deixar a ninguén atrás. Vincularemos co Obxectivo 4 “Educación de calidade”, buscarasse achegar aos membros da comunidade educativa ás grandes oportunidades que trae consigo a revolución tecnolóxica e garantir que as persoas conten coas competencias dixitais necesarias para facer un uso efectivo dos servizos tecnolóxicos que utiliza a escola. Pero tamén buscaremos a vinculación co:
· OBXECTIVO 11: Cidades e comunidades sostibles.
· OBXECTIVO 17: Alianza para lograr os obxectivos.
· OBXECTIVO 3: Saúde e benestar
· OBXECTIVO 5: Igualdade de xénero.
· OBXECTIVO 9: Industria, innovación e infraestructura.
· OBXECTIVO 10: Reducción de desigualdades.
Dende as aulas faise unha motivación especial. Picolindo contacta con todo o alumnado a través do seu blogue pero ademais, quere que todos aprendamos cos seus descubrimentos porén, envíanos probas. Neste xogo PICOLINDO nos convida a todos a conseguir Pikeuros, simplemente con participar nos xogos que presenta polos corredores a carón da biblioteca e con facer COMENTARIOS coa resposta e engadir información (datos, vídeos, imaxes, o webs de interese...) no seu blogue.
O desenvolvemento deste proxecto verase plasmado nun calendario anual e terá o seu momento especial cando polo mes de abril, e coincidindo co mes dos libros, os nosos alumnos e alumnas se convertan en “EXPERTOS” do mundo da creación, radio, prensa, televisión, cine, croma, impresión 3D, se chegan os Polos Creativos, nos plotters e máquinas de deseño, ... no que se exporán, ante o resto dos seus compañeiros de escola as aprendizaxes conqueridas ao longo deste proxecto. Esta será a XIII Edición de Expertos. Esta actividade se está a converter nunha tarefa de obrigado cumprimento polo éxito da mesma en todos os sectores da nosa Comunidade Educativa e ao gran reto que supón falar en público para os rapaces e vencer ó medo escénico.
Estas conferencias permiten ao noso alumnado expresarse e falar en público co apoio do material dixital e plástico elaborado nas aulas. Estas conferencias son gravadas en vídeo co permiso das familias e son compartidas con toda a comunidade educativa a través do blogue da biblioteca “O BLOGUE DE PICOLINDO”.
E algo moi importante, tentaremos que dende o primeiro día as familias se impliquen e colaboren coa preparación destes “xogos” da escola do Rocío.
PROXECTO ANUAL 2021/2022
Alén do Resío
N
este curso acordamos mirar ao noso arredor, e centrar a mirada no lugar que vivimos, VIGO, ALÉN DO RESÍO. Canto máis saibamos do noso, máis valor lle daremos e despois sairemos ao mundo “cos pes na terra a cabeza no mundo”.Este proxecto foi elexido pola maioría do profesorado, será un proxecto interdisciplinar programado verticalmente, para ser levado a cabo por todo o alumnado da nosa escola.Alén do Resío, servirá de desculpa para o traballo de investigación, lecturas e desenvolvemento do noso alumnado adentrándoos na cidade na que viven, de todos os recursos que contan na súa contorna.
Neste curso trataremos a nosa cidade: VIGO MOLA
- ü o lugar onde vivimos, a nosa casa,
ü a nosa escola,
ü a nosa cidade e a súa historia,
ü o rueiro e o plano da nosa cidade: o nome das rúas, das prazas, rios, parques e xardíns.
ü os símbolos,
ü a división territorial, as parroquias,
ü escultura,
ü arquitectura,
ü pintura,
ü gastronomía,
ü contos popuo vilares, lendas,
ü festas e eventos de interese,
ü flora, fauna, parques, xardíns,
ü o porto,
ü os deportes,
ü os medios de comunicación,
ü os medios de transporte,
ü industria e comercio,
ü o turismo,
ü os lugares máis representativos
En definitiva, traballaremos Vigo, Vigo e Vigo. Vincularemos o proxecto cos obxectivos do desenvolvemeento sostible, axenda 2030, por exemplo o vincularemos co:
· OBXECTIVO 11: Cidades e comunidades sostibles.
· OBXECTIVO 17: Alianza para lograr os obxectivos.
· OBXECTIVO 4: Educación de calidade.
· OBXECTIVO 5: Igualdade de xénero.
· OBXECTIVO 9: Industria, innovación e infraestructura.
· OBXECTIVO 10: Reducción de desigualdades.
Dende as aulas faise unha motivación especial. Picolindo contacta con todo o alumnado a través do seu blogue pero ademais, quere que todos aprendamos cos seus descubrimentos porén, envíanos probas. Neste xogo PICOLINDO nos convida a todos a conseguir Pikeuros, simplemente con participar nos xogos que presenta polos corredores a carón da biblioteca e con facer COMENTARIOS coa resposta e engadir información (datos, vídeos, imaxes, o webs de interese...) no seu blogue.
Ao longo de todo o curso estaremos a traballar co Sementando Palabras, os Enigmas do Doutor Bacilus, (un dos xogos propostos por Picolindo, mascota da biblioteca), a través das novas tecnoloxías e a aprendizaxe cooperativa.
A horta escolar mailo laboratorio das artes e das ciencias terán que ver coa parte práctica do proxecto que se desenvolverá posto que nos permite facer un traballo de campo.
O desenvolvemento deste proxecto verase plasmado nun calendario anual e terá o seu momento especial cando polo mes de abril, e coincidindo co mes dos libros, os nosos alumnos e alumnas se convertan en “EXPERTOS” no “Alén do Resío”, na nosa cidade, no que se exporán, ante o resto dos seus compañeiros de escola as aprendizaxes conqueridas ao longo deste proxecto. Esta será a XII Edición de Expertos, e a primeira da “nova normalidade” dunha actividade que tivo que ser cancelada hai dous cursos e que o pasado curso escolar pola pandemia tivo que ser retransmitida grazas a utilización das novas tecnoloxías tics. Esta actividade se está a converter nunha tarefa de obrigado cumprimento polo éxito da mesma en todos os sectores da nosa Comunidade Educativa e ao gran reto que supón falar en público para os rapaces e vencer ó medo escénico.
Estas conferencias permiten ao noso alumnado expresarse e falar en público co apoio do material dixital e plástico elaborado nas aulas. Estas conferencias son gravadas en vídeo co permiso das familias e son compartidas con toda a comunidade educativa a través do blogue da biblioteca “O BLOGUE DE PICOLINDO”.
E algo moi importante, tentaremos que dende o primeiro día as familias se impliquen e colaboren coa preparación destes “xogos” da escola do Rocío.
Ademais, continuaremos a facer a actividade da PALABRA DO DÍA, coa que facilitaremos o acceso ao vocabulario temático aprendendo cada día unha palabra nova sobre a cidade na que vivimos. Esta actividade non so será dirixida ao alumnado senón tamén ao profesorado. Todos os días, ao comezar á mañá, o coordinador de normalización lingüística será o encargado de escribir a palabra xunto coa súa definición. Os mestres deben compartir esa palabra cos seus alumnos na aula. Ao finalizar o curso, teremos o noso dicionario temático da cidade. Este pequeno dicionario estará presente na web do noso cole, cun recuncho especial dedicado a el no que todos poden ver e descargar as palabras dende o mes de outubro ata o de maio.
Este curso, continuamos a andadura como centro EDIXGAL, logo de dous cursos de grandes dificultades, o presente curso tamén comeza con moitos quebradeiros de cabeza, unha nova aula, todavía sen dotar na súa totalidade e con material sen funcionar. tivemos que esperar a poder actualizar os nosos temarios ao comezo do curso en secundaria. Esperemos que o esforzo, vai redundar na mellora da calidade do ensino.
PROXECTO ANUAL 2020/2021
No Resío contamos moito
No Resío contamos moito, servirá de desculpa para o traballo de investigación, lecturas e desenvolvemento do noso alumnado adentrándoos no mundo dos contos. Neste curso trataremos:
ü a maxía dos contos,
ü contos populares, lendas e ciclo do ano,
ü contos de autor,
ü contos de princesas e principes, contos do amor,
ü os malos dos contos: piratas, bruxas, ogros, madrastras, monstros,...
ü Contos de seres imaxinarios: sereas, fadas, dragóns, trasnos, pantasmas, xigantes, ... Mitos.
ü contos do mundo,
ü contos de mentireiros, de listillos,de inxenuos.
ü Contos e valores,
ü contos históricos, contos nos espazos, bosques, castelos,...
ü contos de animais, de lobos, fábulas.
ü os contos na relixión, as parábolas,
ü contos oídos,
ü contos contados,
ü contos cantados,
ü contos escritos,
ü contos, contos e máis contos.
PROXECTO ANUAL 2019/2020
Escola Eco-lóxica
Neste curso trataremos que o noso alumnado sexa consciente da importancia da conservación do noso planeta. Día a día, normalizaremos hábitos e costumes que fomenten o coidado do noso planeta, porque...
Utilizaremos a regla dos tres R: reutilizar, reciclar e reducir.
Non é suficiente con reciclar o que gastamos, senón que debemos consumir menos.
Na escola do Resío,
- temos placas solares para xerar a nosa propia enerxía, para quecer a auga,...
- Traballaremos o aforro de auga, revisaremos as tubaxes, para evitar goteiras e avarías, recolleremos auga en bidóns para regar a nosa horta ecolóxica,...
- Faremos compost, coas sobras do comedor,
- Reciclaremos diferentes materiais, solicitaremos unha illa de reciclaxe ao Concello preto da ecola e nas aulas reciclaremos os residuos que xeremos, facendo actividades con material de refugallo.
- Tentaremos aforrar enerxía, non prendendo as luces de xeito innecesario, desenchufaremos aqueles aparatos que non utilicemos,...
- Faremos un consumo responsable,
PROXECTO ANUAL 2018/2019,
Neste curso que comeza viviremos unha grande aventura científica!
Experiencia a conCIENCIA
Teremos a posibilidade de aprender a afianzar coñecementos de todo tipo, explorar as nosas posibilidades, as nosas capacidades e os nosos recursos. Tentaremos espremer ao máximo o noso espírito cooperativo e avanzar no noso desenvolvemento persoal.
Contaremos:
- cun gran laboratorio (a escola),
- cunha chea de axudantes (os mestres),
- cunha chea de científicos e científicas (os nenos e nenas),
- coas familias,que comprobarán o resultado dos experimentos.
Na seguinte ligazón poden consultar a Programación Xeral Anual.
PROXECTO ANUAL , CURSO 2017/2018,
BENVIDOS E BENVIDAS A ESTA NOVA AVENTURA DO SABER.
Durante o seu desenvolvemento aprenderedes e afianzaredes coñecementos de todo tipo, facéndoos xirar sempre arredor do tema anual
DA EIRA Á CAPOEIRA
Tamén exploraredes as vosas posibilidades, as vosas capacidades e os vosos recursos. Tentaremos, pois, que espremades ao máximo o voso espírito cocoperativo e que avancedes no voso densenvolvemento persoal.
E esta é unha importantísima e grande tarefa, na que non estaredes sós para desenvolvela; contaredes coa axuda e colaboración dos mestres e o que é máis importante, coas vosas familias, que son sempre unha inestimable axuda.
Con todo isto, dispoñemos dos mellores vimbios para fabricar a gran CESTA DO SABER E DO COÑECEMENTO.
PROXECTO ANUAL, CURSO 2016/2017
PaseArte polo tempo.... a nova proposta da nosa mascota Picolindo
Picolindo tivo moito tempo este verán, e paseando polas rúas descubriu que VIGO É UNHA CIDADE DE COR. Este proxecto no que a nosa cidade leva incurso dous anos, fixo que a nosa mascota decidise que é tamén tiña que ter un lugar especial.
Fíxadevos!!!!!!
PROXECTO ANUAL, CURSO 2015/2016:
ANO PICOLÍMPICO
Este proxecto foi elexido pola maioría do profesorado a finais do curso pasado e desenvolverase durante todo o curso escolar. Este proxecto interdisciplinar está programado verticalmente para ser levado a cabo por todo o alumnado da nosa escola.
O desenvolvemento das actividades, levaranse a cabo, a través das aulas de educación musical, educación plástica, a aula de tecnoloxías da información e da comunicación e a biblioteca do centro. Pero o proxecto pretende ir máis aló, pretendemos que invada a vida diaria do alumnado con actividades rutinarias nas aulas que permitan ao alumnado descubrir o mundo no que se desenvolve.
No pasado curso escolar, estivemos a traballar sobre as marabillas do mundo, ese proxecto permitiunos ir adentrándonos na xeografía dun xeito lúdico e divertido fomentamos a tolerancia nos nenos a través do coñecemento doutras culturas e países e xuntos descubrimos moitas cousas e aprenderemos a aceptar a diversidade.
No presente curso escolar traballaranse e reforzaranse todos estos contidos fomentando o traballo en equipo e a participación da Comunidade Educativa nun proxecto común.
Os contidos a aprender e as actividades imos a desenvolvelas con caracter trimestral
Dende as aulas faise unha motivación especial. Picolindo contacta con todo o alumnado a través do seu blogue pero ademáis, quere que todos aprendamos cos seus descubrimentos porén, envíanos probas. Neste xogo PICOLINDO nos convida a todos a conseguir Piqueuros, simplemente con participar nos xogos que presenta polos corredores a carón da biblioteca e con facer COMENTARIOS coa resposta e engadir información (datos, vídeos, imaxes, o webs de interese...) no seu blogue.
O desenvolvemento deste proxecto verase plasmado nun calendario anual, nunha revista escolar e terá o seu momento especial cando polo mes de marzo, e coincidindo coa semana da prensa, os nosos alumnos e alumnas se convirtan en “EXPERTOS” nos “XOGOS OLÍMPICOS”, no que se exporán ante o resto dos seus compañeiros de escola as aprendizaxes conqueridas ao longo deste proxecto. Esta será a VI Edición de Expertos, polo que esta actividade se está a converter nunha tarefa de obrigado cumplimento polo éxito da mesma en todos os sectores da nosa Comunidade Educativa e ao gran reto que supón falar en público para os rapaces e vencer ó medo escénico.
Estas conferencias permiten ao noso alumnado expresarse e falar en público co apoio do material dixital e plástico elaborado nas aulas. Estas conferencias son grabadas en vídeo co permiso das familias e son compartidas con toda a comunidade educativa a través do blogue da biblioteca “O BLOGUE DE PICOLINDO”.
E algo moi importante, tentaremos que dende o primeiro día as familias se impliquen e colaboren coa preparación destos xogos picolímpicos da escola do Rocío.
Preténdese facer o acto inaugural do proxecto coa celebración do DIA DA BIBLIOTECA. As familias mailo alumnado gozarán deste acto de inauguración.
Ademáis, continuaremos a facer a actividade da PALABRA DO DÍA, coa que facilitaremos o acceso ao vocabulario temático aprendendo cada día unha palabra nova sobre as marabillas. Esta actividade non so será dirixida ao alumnado senón tamén ao profesorado. Todos os días, ao comezar á mañá, o coordinador de normalización lingüística será o encargado de escribir a palabra xunto coa súa definición. Os mestres deben compartir esa palabra cos seus alumnos na aula. Ao finalizar o curso, teremos o noso diccionario temático das OLIMPÍADAS. Este pequeno diccionario estará presente na web do noso cole, cun recuncho especial adicado a él no que todos poden ver e descargar as palabras dende o mes de outubro ata o de maio.
Explicarase ao alumnado en qué consistían os xogos da antigüidade e cales eran os valores fundamentais,
LER MÁIS, PENSAR MÁIS, SABER MÁIS
PROXECTO ANUAL, CURSO 2014/2015:
VIAXAMOS POLAS MARABILLAS.
Este curso descubriremos as sete marabillas do mundo moderno.
OS NOSOS PROXECTOS. CURSO 2013/2014.
GALICIA 3 6 5
Tentaremos facer un exahustivo estudo da nosa terra que abranguerá aspectos tan diversos como: xeografía, arte, deporte, cultura, tradicións, ciencia, o agro, etc.
Trataremos de poñer en valor algúns dos aspectos menos coñecidos do país, pescudando información sobre eles e analizando os resultados obtidos, para tomar conciencia da importancia de Galicia e das súas xentes.
NON TODO O IMPORTANTE VÉN DE FÓRA,
aquí temos: científicos, deportistas olímpicos, creadores de cine, paisaxes marabillosas, porcos celtas, obras de arte, restos arqueolóxicos, lingua propia, viños mundialmente recoñecidos, tecnoloxía punteira e moito máis...
Coma sempre, contamos coa colaboración das familias do alumnado
OS NOSOS PROXECTOS.
COÑECENDO BOUZAS 2013
O obxectivo do Proxecto Anual é dar a coñecer aos nosos alumnos e alumnas o barrio e os espazos da contorna da nosa escola. Somos conscientes que unha gran parte do noso alumnado pertence a zona educativa da contorna polo que é preciso coñecer como se desenvolve a vida cotiá dos veciños, falando coa xente, percorrendo as rúas tradicionais do casco vello, ...
Faremos un roteiro guiado pola man dos mestres da escola e tentaremos coñecer as rúas principais, monumentos, os nomes das rúas, a paisaxe...
Tamén faremos fincapé nos distintos oficios da xente que vive en Bouzas, traballos, servizos...
Traballaremos con lendas e daremos a coñecer aos nosos alumnos a figura do CABALEIRO DAS CUNCHAS.
Con este Proxecto pretendemos desenvolver a capacidade para traballar en equipo, desenvolver a iniciativa persoal e levar a cabo propostas positivas cara a sociedade.
UN MAR DE EMOCIÓNS 2012
Este ano, na escola, traballamos os SENTIMENTOS, as EMOCIÓNS e os VALORES da convivencia, sabendo que estes son o alicerce dunha aprendizaxe construtiva.
Un nen@ emocionalmente san terá as ferramentas para:
· A busca da súa FELICIDADE
· A resolución de conflitos
· A superación de frustracións
Preme na imaxe para ver todos os traballos do noso proxecto