Skip to Content

Benvida

 

Benvidos/as á Web do

CEIP PLURILINGUE VISTA ALEGRE

 

Taboleiro de últimas novas

Prema nas imaxes para acceder á información

                                                             

 

FIN DE CURSO 2015

O curso chegou ao seu fin pero os nenos e nenas do Vista Alegre, antes de marchar de vacacións esforzáronse moito na preparación de todas as actuacións que podedes ver no seguinte vídeo:

 

O último día fomos a Cangas todos xuntos, os máis pequenos en bus e o resto camiñando. Como sempre, foi unha experiencia xenial para despedir o curso escolar. 

FELICES VACACIÓNS A TODOS E TODAS!

Aventuras dos Vistalegrines en Bélxica

Así foi o terceiro día dos nosos queridos Vistalegrines:

Si queres ver dende o primeiro día pulsa aquí.

MIRCROMINA VISITA O NOSO COLE

O pasado venres 22 de maio, todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria do centro disfrutou dun magnífico espectáculo de títeres e música en directo co espectáculo da Compañía Mircromina: "Martín, Martín". Martín é un neno obsesionado coas pantallas que descubre outro xeito de facer as cousas, o da súa avoa Margarita. Ela é quen de amosarlle o valor da creatividade a través da atención e do traballo propio, regalándolle un lápiz moi especial.
Aproveitamos tamén para agradecer a colaboración tanto económica como organizativa da Asociación de Nais e Pais do CEIP Vista Alegre por levar a cabo as xestións necesarias e poder traer o espectáculo ao colexio..

Grazas á nosa ANPA pola súa colaboración!

Distribuir contido


by Dr. Radut