Skip to Content

MIRCROMINA VISITA O NOSO COLE

O pasado venres 22 de maio, todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria do centro disfrutou dun magnífico espectáculo de títeres e música en directo co espectáculo da Compañía Mircromina: "Martín, Martín". Martín é un neno obsesionado coas pantallas que descubre outro xeito de facer as cousas, o da súa avoa Margarita. Ela é quen de amosarlle o valor da creatividade a través da atención e do traballo propio, regalándolle un lápiz moi especial.
Aproveitamos tamén para agradecer a colaboración tanto económica como organizativa da Asociación de Nais e Pais do CEIP Vista Alegre por levar a cabo as xestións necesarias e poder traer o espectáculo ao colexio..

Grazas á nosa ANPA pola súa colaboración!



blog | by Dr. Radut