Famosa e tradicional plantación de árbores da ANPA do CEIP de Vite!

20/04/2024 10:00
Europe/Madrid

CELEBRACIÓN DA IV MARCHA CICLISTA ESCOLAR

CELEBRACIÓN DA IV MARCHA CICLISTA ESCOLAR

Dende o Concello de Santiago de Compostela, o equipo de Educación Viaria da Policía Local, vai a celebrar a QUINTA MARCHA CICLISTA ESCOLAR, que terá lugar o venres 03 de maio, se as condicións atmosféricas o permiten.

Esta proposta realízase co fin de poñer en práctica as estratexias seguras e responsables vistas no parque infantil de tráfico de educación viaria e tamén para promover o uso da bicicleta, no ámbito escolar e familiar como medio de transporte sostible.

 

A actividade levarase a cabo ca participación dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria.

 

PERCORRIDO (Ver mapa)

Saída: 10:00 horas desde a Praza do Obradoiro.

Percorrido: San Francisco, Xoán XXIII, Burgo das Nacións, Ricardo Carvalho Calero, Pelamios, Morón, Galeras, Campo das Hortas, Poza de Bar, San Lourenzo, Avenida das Burgas, Avenida da Coruña, Rosalía de Castro, Xoán Carlos I, Campo da Estrela, Senra, Praza de Galicia, Fonte de Santo Antonio, Virxe da Cerca, Porta do Camiño, Valle-Inclán, San Roque, Basquiños, Pastoriza,  Praza da Paz, Xoán XXIII, San Francisco e Praza do Obradoiro (parada técnica). A partires de aquí realizaríase o mesmo percorrido de volta aos coles por San Francisco e Xoán XXIII para deixar aos escolares en cada un dos colexios participantes.

Parada técnica: Praza do Obradorio para repoñer forzas.

NOTA: Tamén se poderá participar na marcha con patinete eléctrico.

Aquel alumnado que non faga o percorrido en bicicleta ou patinete eléctrico o fará andando acompañado da Directora e un titor de 6º de primaria.

Pódese deixar a bicicleta ou patinete eléctrico no colexio o día anterior ou levalo ao centro o mesmo día da actividade.

 

TRANSCURSO DA MARCHA

O CEIP Plurilingüe de Vite sumarémonos á marcha desde o propio colexio.

No transcurso da mesma, seguiranse as normas de circulación e sobre todo as instrucións dos organizadores, para que todo saia segundo o previsto.

Coordina a actividade a Policía Local e contamos coa colaboración da agrupación de Protección Civil do Concello de Santiago, o departamento de ciclismo de Decathlon, distintos clubes ciclistas da contorna e a Cruz Vermella.

PERCORRIDO DE VOLTA

O percorrido de volta ao colexio será o mesmo.

INFORMACIÓN E NORMAS XERAIS. Curso escolar 2023-24

PUNTO LARANXA

 

No lateral dereito desta web agregouse a función PUNTO LARANXA, un espazo para que o alumnado poida comunicar situacións de acoso escolar de xeito anónimo.

As comunicacións realizadas a través do formulario irán a un enderezo habilitado para a coordinación de convivencia do colexio. A aplicación permite enviar resposta de xeito anónimo a IP dende a que se recibe.

 

 

COMO FUNCIONA O BUZÓN DO PUNTO LARANXA DO NOSO CENTRO?

Se estás a sufrir acoso ou ciberacoso escolar ou coñeces algún posible caso, axúdanos a paralo!

  1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.
  2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro.
  3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu centro).

 

Lembra que tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Punto Laranxa que tes no lateral dereito desta web.