Skip to Content

.

                    Benvidos                                    

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

A partir do 1 de marzo comeza o proceso de admisión do alumnado para o curso escolar 2024-2025. Toda a información premendo na seguinte ligazón

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

23 de febreiro, día de Rosalía de Castro

Hai século e medio, unha moza con pouco máis de vinte anos mudou a Historia. Iso de mudar a Historia non é cousa que aconteza todos os días. Ela era consciente de que os seus libros abrían camiños, que con eles “levantaba unha bandeira” da que non ía desertar.
De feito, este recanto do mundo chamado Galiza non é o mesmo após Rosalía de Castro. Hai un antes e un despois. As palabras que lanzou abriron moitos ollos e calmaron moitas sedes.
Na escola —nunca o esquezamos—, a rapazada que usaba a lingua de Follas novas era castigada vilmente. As palabras de Rosalía dábanlle dignidade e sentido á fala do pobo galego e ás súas vidas sen nome.
No colexio conmemoramos  un ano máis o Día de Rosalía de Castro o 23 de febreiro, aniversario do nacemento da autora.
Co lema “Un poema e unha flor” o alumnado  celebrou o día cunha plantación de flores no “noso xardín de Rosalía “, tivemos a  visita escenificada da “nosa Rosalía “, que falou co alumnado da súa vida e recirtoulle poemas.
O alumnado agasallou a Rosalía con poemas , cancións e flores.

 

Xornada de portas abertas

 

(Premer na imaxe para ampliar)

Entroido 2024

(Premer na imaxe para máis fotos)

Entroido 2024

(Premer na imaxe)

Aldeas de nadal

Os nenos e nenas de Educación Infantil fixeron as súas Aldeas de Nadal.
Empregando material de refugallo e con moita imaxinación e, sobre todo ilusión, cada clase fixo a súa casiña.
"Aldea Lambeta" é o recuncho máxico onde seguro todos os nosos soños faranse realidade.

(Premer na imaxe para ver máis fotos)

Presentación do conto “Alma do Nadal” de Charo Golmar no CEIP Xesús Golmar de Lalín

A autora do libro “Alma de Nadal”, Charo Golmar, visitou o martes o colexio para contarlles ao alumnado do centro o seu conto ambientado no Nadal e nas “casiñas do Nadal” de Lalín.
E que mellor lugar para a lectura que a nosa “aldea lambeta”, a pequena vila formada por nove vivendas, construídas polo alumnado e profesorado de Infantil.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut